Saltar

5 ideas para reutilizar caixas de cartón

Tes unha morea de caixas pola casa e non sabes que facer con elas? Nin se che ocorra tiralas! Cando descubras todas as posibilidades que ofrecen, quererás aproveitalas. E o mellor é que con estas ideas para reciclar caixas de cartón sairedes gañando o medio ambiente e ti. 

O camiño para ser máis sostible comeza mediante a conciencia do que implican os nosos pequenos actos diarios e os cambios que podemos realizar para que o noso impacto sexa menos negativo para a Terra

Un dos pasos máis sinxelos e prácticos é apostar pola reutilización, é dicir, dar unha segunda vida ás cousas que temos na casaReferímonos a eses elementos como as caixas de cartón, que se acumulan no noso fogar e que adoitamos tirar sen pensalo dúas veces. Porén, se somos quen de ver un pouco máis alá, poden ter moitas utilidades. Non o cres? Animámosche a seguir a ler para descubrir todo o partido que lle podes sacar a unha simple caixa de zapatos 

1. Caixa sorpresa para un amante da música

 

Unhas entradas de concerto son, de por si, todo un gran agasallo para un amante da música, pero si ademais as reciben dunha forma tan especial coma esta, quedará sen palabras. De feito, máis alá do puramente estético, presentar as entradas coma se estivesen dentro dun piano, formará parte do obsequio, e ao estar feito a man, mostrará o importante que é esa persoa para ti.

Para preparala vas necesitar o seguinte: 

  • 1 caixa de zapatos branca 
  • Rotulador negro  
  • Regra 
  • Cinta adhesiva negra 
  • Papel de seda ou papel de agasallo

Cando teñas todo, o primeiro paso será debuxar as teclas brancas do piano. Para iso, o ideal é que midas a tapa da caixa e o dividas con raias negras, de tal forma que todas as teclas teñan o mesmo tamaño. Despois, coa cinta adhesiva, colocarás as teclas negras. Tamén é importante que todas midan o mesmo para que teñan un acabado moito máis profesional.

El seguinte paso será colocar o papel de seda no interior da caixa, as entradas e calquera outro detalle que queiras incluír (unha fotografía vosa, unha carta, lambetadas…). Por último, tamén podes decora o exterior da caixa con algún adhesivo no que poñas unha mensaxe bonita. Recordará este agasallo sempre! 

 

2. Xogo "xenga" ao grande 

 

Os cativos con pais que acumularon moitas caixas de cartón na casa teñen sorte. Con elas poden pasar un rato moi divertido tanto decorándoas como xogando. Neste caso, propoñemosche que montes un xogo xenga ao grande, é dicir, unha torre de caixas na que cada xogador terá que retirar as pezas con coidado de que se manteña en pé.

Para facelo vas necesitar o seguinte: 

  • Caixas de zapatos (cantas máis, mellor) 
  • Pinturas de cores 

Cando teñas todas as caixas, a primeira parte do xogo será decoralas para que o xenga sexa moito máis xeitoso. Se queres conseguir que a actividade sexa máis divertida e especial para os cativos, tenta que participe toda a familia e que cada un de vós decore varias caixas. Liberade a vosa imaxinación! 

Cando estean listas, só quedará montar a torre e comezar a xogar por quendas a sacalas ata que alguén tire a torre e perda. Parece sinxelo, pero require concentración para retirar a peza adecuada. Seguro que o pasades xenial! 

3. Caixa de bombóns personalizada

 

Agasallar bombóns é todo un clásico que nunca falla, porén, pode dar unha impresión de agasallo pouco pensado ou coidado. Un xeito de evitar isto é personalizar a caixa. Podes facelo coa caixa na que compres os bombóns ou calquera outra que teñas na casa.  

Que vas precisar? 

  • 1 caixa 
  • Papel de agasallo 
  • Cintas decorativas  
  • Pinturas 
  • Pegamento 

Antes de comezar a decorar a caixa, é importante que penses na persoa á que vas facer o agasallo; cal é o seu estilo e os seus gustos. Deste xeito, será moito máis sinxelo acertar coas cores e a estética xeral. Ademais, notará que pensaches nela. Cando teñas iso claro, será o momento de comezar a personalizar a caixa.

Podes cambiar por completo a caixa e pegar sobre ela papel de agasallo con algún deseño que lle guste, ou ben papel de cor neutro, coma o branco, sobre o que debuxes algúns detalles ti. Incluso podes incluír algunha mensaxe.  

O seguinte será colocar unha base de papel sobre a que porás os bombóns. Procura que o resultado sexa estético. Por suposto, evita manipulalos coas mans e faino cunhas pinzas para que sexa o máis hixiénico posible. Podes darlle o toque final a esta caixiña tan doce cunha tarxetiña enganchada cunha cinta ou corda decorativa como peche.  

4. Xogo "adiviña o meu soño"

 

Sexa para un aniversario ou para calquera outro tipo e celebración na casa, unha caixa de cartón e un chisquiño de imaxinación poden ser as claves para organizar un plan moi divertido se non tedes máis ideas. Ademais, neste xogo en concreto, coñecerédesvos mellor os uns aos outros. 

Para preparalo vas necesitar o seguinte:  

  • 1 caixa de cartón grande 
  • 1 caixa de cartón pequena
  • Cartolinas de cores
  • Pintura de cores
  • Rotuladores
  • Lapis
  • Tesoiras 

O que vas facer coa primeira caixa é a decoración do xogo, é dicir, as letras "dreams" ou "soños" para crear ambiente e facer que o momento sexa máis especial. Para iso, o máis sinxelo é que debuxes as letras sobre o cartón cun lapis e as recortes. Feito isto, chegará o momento de pintalas coas vosas cores favoritas. 

Despois terás que decorar a caixa de cartón pequena, que será o lugar no que cada participante depositará un papel. O seguinte paso será recortar os papeis de diferentes cores, dar un a cada participante e que escriba un soño que queira cumprir. Despois, a dinámica do xogo será adiviñar quen escribiu cada un deles. Cantos máis participedes, mellor! É posible que máis dun soño vos sorprenda…   

 

5. Caixa para gardar recordos  

 

Outra opción perfecta para darlle unha segunda vida a unha caixa de cartón é decorala e utilizala para gardar recordos ou cousas importantes para ti.

Para comezar, vas necesitar o seguinte: 

  • 1 caixa de cartón 
  • Rotuladores 
  • Pinturas de cores 
  • Lapis
  • Tesoiras 

O resto consiste en botarlle imaxinación e decorala ao teu gusto. Unha opción é facelo de forma temática en función do que vaias gardar nela. Por exemplo, se vas gardar recordos dalgún deporte que practicases, a decoración pode estar relacionada con este deporte. Se vas recompilar cartas de amor, podes personalizala cun estilo máis romántico. Ti decides! 

Cal destas ideas che gustou máis? Como ves, unha simple caixa pode ser moito máis útil do que parece ao principio. Se queres aprender máis formas de dar unha segunda vida a distintos materiais e ser máis sostible, non perdas estes artigos.  

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.