Saltar

Reláxate para atopar o equilibrio escolar que precisas

Hai algunha forma mellor de relaxarse tras un día axitado que en compañía dos teus mellores amigos? É unha práctica moi subestimada, sobre todo se sentes presión para acadar obxectivos importantes. Sempre que se che presente a ocasión, aproveita o tempo para lacazanear. E non esquezas facelo do xeito que ti queiras e coa xente que che pete.

Un grupo de amigos adolescentes lerian sentados na cama extensible SLÄKT dun dormitorio con paneis de madeira.
Un grupo de amigos adolescentes lerian sentados na cama extensible SLÄKT dun dormitorio con paneis de madeira.

Sonoro, intenso e portátil

Coloca un altofalante Bluetooth ENEBY alá onde quixeres escoitar algo con claridade e intensidade. Só precisas conectar un dispositivo con funcionalidade Bluetooth e reproducir as túas cancións favoritas. Ao ser portátil, tamén é moi doado levalo a calquera parte.

Amor no corazón

As fundas de almofadas e de edredóns LYKTFIBBLA contan cun estampado alegre ideado por Hannah Wilcox, unha deseñadora londiniense. Ao fin e ao cabo, os corazóns nunca están de máis, e o gris e o branco combinan con todo.

Problemas para combinar? Parvadas

No tema dos estampados, poucas cousas non pegan (ou polo menos é algo bastante subxectivo). Así que emprega os téxtiles para transmitir a túa mensaxe ao teu gusto. Deste xeito, no só conseguirás que todo sexa máis acolledor, senón que realizarás unha transformación completa no tempo que che leva cambiar as fundas dos coxíns.

Sempre hai sitio para outro máis

Coa cama de embaixo estendida, a cama extensible SLÄKT convértese no lugar ideal para pasar o tempo, con espazo para máis persoas das que cres (a vontade é a arma máis poderosa). Se ningún dos teus amigos queda a durmir, a segunda cama pódese volver introducir no seu sitio orixinal en menos de nada.