Saltar

Reforma de cociñas: os 5 erros máis comúns

Se algo sabe o diaño por vello é que reformar unha cociña require tempo e é fácil trabucarse. Por iso queremos darche ideas e consellos útiles para evitar a reforma ser unha dor de cabeza.

Polo xeral unha reforma integral da cociña prolóngase uns 10 ou 15 días. Vexamos en detalle cal son os erros máis comúns, pero se tes claro que queres facelo e precisas axuda, pide cita para reformar a cociña.

1. Pensa en todo o que terá a túa cociña antes de comezar

Un dos elementos que adoita deixarse para ó final é a iluminación de cociñas. E ese é un dos erros máis comúns, porque éche unha boa leria instalala cando xa temos todo montado. Pensa que as tomas de corrente e os puntos de luz deben quedar agochados e, polo tanto, deben planificarse antes da reforma integral da cociña.

2. Reforma pensando na funcionalidade

Non deixes que beldade das cociñas que máis che gustan che quite o sono. Pensa na funcionalidade e os tres piares que debe ter calquera cociña: preparación, cocción e almacenaxe. Inspírate nas nosas ideas para cociñas e non os perdas nunca de vista. O día a día na túa cociña agradeceracho.  

3. Almacena con coherencia e pensando no teu día a día

Aínda que polo xeral nos guiamos máis polo prezo ou o orzamento da reforma de cociñas que pola practicidade ou funcionalidade real da nosa futura cociña, evita erros de almacenaxe. Coloca o máis empregado a unha altura cómoda e os pisos superiores déixaos para os obxectos que empregares esporadicamente. 

4. Non escatimes en equipamento interior

É habitual centrármonos nos que se ve, os mobles de cociña, os mesados, os electrodomésticos... Todo aquilo que, ó final, fará que a nosa cociña luza estupenda. Mais tamén debemos reservar parte do noso orzamento de reforma de cociñas para aquilo que non se ve.

O interior dos armarios é clave para atopar todo á primeira e aproveitar ben os recunchos. Sobre todo en reformas de cociñas pequenas.

No seguinte vídeo dámosche unhas boas ideas para organizares a cociña, toma nota!

Vídeo: Como organizar a cociña

5. Coidado co lume

Á hora de decidirmos onde colocar a zona dos fogóns, sobre todo se son de chama, pensa en poñelos a unha distancia prudente dunha xanela, por exemplo, para que non lle afecten as correntes de aire. E se é unha cociña aberta, o máis afastados posible do comedor.

6. Déixate asesorar por un profesional

Ver fotos de cociñas é moi sinxelo, inspirarse e saber se esta cociña me gusta ou non. Pero preguntar, asesorarse e deixar que un experto che axude a conseguilo é outro dos erros que podemos cometer. Nunca é tarde e sempre estás a tempo de pedir cita para reformar a túa cociña.