Plans na casa: consellos para ver series e películas
Se deveces por ver series e películas na casa (tanto se é só como en compañía), non podes perder esta lista de consellos para o teu plan perfecto de mantiña e sofá. Toma nota!


Que é o que ten unha serie ou película para namorarnos perdidamente e ternos horas e horas diante da pantalla?
Ver series online converteuse nunha actividade imprescindible na axenda semanal de millóns de persoas e, por ese motivo, as subscricións a plataformas de contidos están á orde do día. De feito, segundo un estudo a nivel mundial levado a cabo pola consultora Juniper, calcúlase que, en 2022, aproximadamente un de cada catro fogares do planeta estará subscrito a algún servizo dixital para ver películas e series.
Xa sexa para ver unha serie ou a túa película favorita, onde é mellor celebrar todo este ritual? Pois como era de esperar, un dos cuartos favoritos para isto é o salón da casa.
Por iso preparamos unha lista de ideas e consellos para que saibas como gozar ao máximo das túas series favoritas e poidas celebrar un gran maratón dende o teu sofá. Non o perdas!
Que non fallen os clásicos
Gozar verdadeiramente do tempo libre para ver películas na casa require prestar certa atención aos detalles da contorna. Por exemplo, todo bo amante do cine sabe que os compoñentes básicos para unha sesión diante da "pequena gran pantalla" son, ademais do sofá, a mantiña coa que acabamos envoltos e uns coxíns moles para coller a postura perfecta. A comodidade da túa casa é o que fará que as horas pasen voando!
Coida a luz de ambiente
A iluminación tamén é importante á hora de iniciar o noso maratón. Ou é que acaso unha serie de suspense non gaña máis cando apagas algunhas luces? Ao reducir a iluminación, centras a atención na pantalla e inconscientemente favoreces que o teu cerebro se traslade e salte máis aló da pantalla.
Por iso, proba a deixar acesas só unhas poucas lámpadas e apaga as centrais, como as do teito. Verás como o efecto realmente funciona e fai máis satisfactorio o teu momento de "mantiña e peli".
Son envolvente: leva o cine á túa casa
Se hai algo que nos encanta cada vez que imos ao cine é a inmersión profunda na película. Sentírmonos envoltos pola banda sonora, non só instrumental senón tamén de efectos especiais, é o que consegue que os nosos sentidos se multipliquen e que teñamos esa sensación de estarmos dentro da historia.
Por que non trasladar ese efecto ao noso salón? Podes configurar facilmente dous altofalantes (como os nosos SYMFONISK) cun produto de cine na casa Sonos para que sexan as canles de son envolvente esquerdo e dereito na túa experiencia de son envolvente Sonos. A adrenalina dunha carreira final ou dun exército aproximándose dispararase.
Evita os ruídos do exterior
Estamos no momento máis emocionante do episodio. O silencio da escena anuncia que algo importante está a piques de acontecer e a intriga non fai máis que aumentar. De súpeto, cando o protagonista comeza a pronunciar a clave da trama, o son dunha moto enxordécenos estragando todo ese clímax escenográfico. Que mal!
Se non queres que che molesten os ruídos do exterior, unha boa idea é insonorizar o salón. Pero como? Existen alternativas como os paneis de absorción de son, como ODDLAUG, que combinados con outros téxtiles, como as alfombras ou as cortinas, conseguen reducir notablemente as interrupcións do mundo exterior, como os sons da rúa ou a música que ten posta o veciño.
Prepara algo para petiscar entre capítulos
Se hai algo que a todo bo amante das series lle molesta, é ter que interromper un capítulo para facer outras cousas como ir a por algo para comer ou ir ao baño. E aínda que o segundo resulta inevitable, si que hai un remedio para saciar esa fame na metade do maratón sen complicarte.
É sinxelo: prepara algo de comer antes de comezar a túa sesión seriéfila e evita ter que parar no medio desa escena tan interesante.
O menú queda á túa elección: podes preparar unha selección dos teus aperitivos favoritos, apostar polos clásicos flocos de millo acompañados cun refresco ou inclinarte por algo máis doce, como uns ricos pasteliños e un chocolate ou infusión ben quentes para acocharte a gusto no sofá.
Sigue estes consellos e converte os teus días de series nun momento realmente especial! Se che gustou este artigo e queres máis ideas a modo de inspiración para estares ben no teu fogar, bótalle unha ollada a este artigo:
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.