Orde na casa
Perdemos 5000 horas da nosa vida á procura de cousas na casa. Ocorre na maioría de fogares, tanto grandes coma pequenos: adoitamos acumular demasiadas cousas que nos dificultan mantelo todo en orde. Atopa a solución perfecta para organizar a túa casa e aproveitar mellor o espazo.
Cada cousa no seu sitio
Aproveita ao máximo o teu espazo
Faille sitio ao que importa
Atopa un lugar para cada cousa. Temos solucións verticais para que aproveites ao máximo o espazo da túa casa. Non é preciso que se vexan cheas de cousas, podes combinar caixas de diferentes tamaños e formas con colgadoiros adicionais, estantes e botes. Para que amais de ordenada, a túa casa luza bonita. Amosa o que che guste, engade un toque de decoración e garda o que non precises acotío.
Se tes unha casa ordenada, gañarás tempo porque non precisarás buscar as cousas.”
Organiza a túa casa e a túa vida
Para comezar, desfaite do que non empregues. Seguro que amoreas cousas que xa non vas volver utilizar: xoguetes, papeis e, sobre todo, roupa e zapatos. Ás veces custa desprenderse das cousas, pero, ¿pensaches doar ou reciclar a roupa da que xa non fas uso? Pode resultar difícil, mais pensa que, ademais de tratarse dun xesto xeneroso, obterás máis espazo para as cousas das que realmente gozas.
Para todo o demais, emprega caixas e organizadores. Faranche a vida máis doada e axudaranche a gozar dun fogar máis harmonioso.
Temos caixas tan bonitas que quererás ter sempre os armarios abertos.”
Atopa o equilibrio perfecto entre orde e decoración
En IKEA poderás atopar multitude de armarios, baldas, vitrinas, e todo tipo de mobiliario para manter a orde no teu fogar. Aproveita ao máximo o espazo utilizando organizadores e cestas para os complementos máis pequenos. Lembra que non teñen porqué estar ocultos, mostrar os elementos de almacenaxe e combinalos con outros accesorios de decoración orixina conxuntos decorativos cheos de harmonía Non te esquezas da roupa! Garda as pezas doutra tempada en caixas no altillo e utiliza perchas para preparar o que che poñerás o día seguinte.