Saltar

Ideas económicas para regalar o Día da Nai

Achégase o Día da Nai! Queres ideas económicas e preciosas para sorprender á túa nai cun agasallo orixinal e práctico? No perdas esta lista con 10 ideas para regalar o Día da Nai.

As nais están feitas dunha pasta especial. Son as nosas grandes heroínas: valentes, fortes e cheas de amor. Téñeno todo! Por iso, que menos que agradecerlles todo o que fan día a día por nós? Este 2 de maio goza da túa nai ao máximo e sácalle un gran sorriso. O mellor agasallo, para nós, xa sabes cal é: pasar tempo de calidade con ela. Gustaríache, amais, darlle un toque extra? Estás de sorte porque elaboramos, nada máis e nada menos, que unha lista maxistral con ideas moi accesibles e orixinais para facerlle un regalo o Día da Nai. Amosámoschas!

1. Para as nais que aman as plantas

Hai algo mellor que o aroma das flores? Se a túa nai é das que goza adornando a casa cunha morea de plantas e ten un recunchiño verde en cada estancia, encantaralle este detalle.

Empezamos cun clásico que non pasa de moda: regalar flores. E é que as plantas teñen algo enigmático que sempre cativa. De feito, está demostrado que as plantas transmiten unha gran cantidade de enerxía positiva e fan que, entre outras cousas, esteamos de mellor humor. Queres que a túa nai teña un sorriso de orella a orella? Regálalle unha bonita planta natural polo Día da Nai.

E por que non? Xa que apostamos por este tipo de agasallo, aínda teremos orzamento para acompañalo dun soporte para testos co que vestila. Os testos, xa sexan de interior ou de exterior, teñen unha estética fascinante e enchen calquera lugar dunha tremenda personalidade. Que che parece?

Pódello regalar de moitos xeitos; por exemplo, cun lazo arredor e un papel transparente que deixe libres as póliñas de enriba.

2. Para as nais que sempre van preparadas

Aínda que non saibamos moi ben como o conseguen, algunhas nais son unhas auténticas previsoras e sempre levan consigo un arsenal práctico para facer fronte a calquera adversidade. É o caso da túa? Se é así, o seguinte agasallo para o Día da Nai é a túa grande oportunidade.

Trátase dunha bolsa-mochila moi elegante de estilo clásico cunha gran capacidade de almacenaxe e moitísimos detalles para que á túa nai non lle falte espazo para nada. Ten un oco especial para as chaves e a tarxeta, petos e compartimentos adicionais, e a capacidade perfecta para levar o portátil ou unha friameira. Marabilloso, non si?

O tecido da que ves na imaxe é de poliéster reciclado, un material co que conseguimos reducir tanto o consumo de novas materias primas como o noso impacto ambiental. Así que, con esta mochila, o de cumprir os tres B (bo, bonito e barato) é moi sinxelo. Ademais, é impermeable!

3. Agasallos para nais que adoran a orde e a decoración

Un cesto decorativo ou unha caixa son o agasallo perfecto para esas nais que buscan sempre a forma de organizar o seu fogar sen renunciar á maxia do estilo e a decoración. Por iso, nesta lista de ideas económicas para o Día da Nai non podía fallar esta proposta. Pódeslle facer este agasallo engadindo algún detalle no interior, como un fular bonito ou as súas chocolatadas favoritas (un día é un día).

En IKEA, esforzámonos para que todos os nosos produtos teñan un toque engadido e diferenciador. Neste caso, ademais do interesante deseño de reixa, o seu punto forte é o material co que está fabricado. Sabes cal é? Bambú, un material máis respectuoso co medio ambiente.

4. Detalles para as nais máis lectoras

A nosa seguinte idea vai más encamiñada a esas nais que, sexa como sexa, sempre sacan tempo para ler. Cun foco de pinza poderán facelo facilmente en calquera parte da casa e a calquera hora do día.

Esta lámpada é moi lixeira, polo que tamén é doado colocala e fixala onde máis conveña. Así que será unha compañeira perfecta para as súas noites de aventuras lectoras. Proporcionaralle unha luz adecuada para coidar a vista e, ademais, poderá regulala sen problemas grazas ao seu brazo e pantalla graduables.

Sabes que é o mellor? Amais da súa funcionalidade, o que máis nos gusta é que, ao tratarse dunha lámpada con bombilla LED, consome moita menos enerxía cunha bombilla convencional, polo que é un agasallo moito máis respectuoso co medio ambiente.

5. Para as nais que gozan coa hora do té

A hora de tomar unha rica infusión ou un reconfortante café quentiño converteuse en todo un ritual para a túa nai? Fai que ese momento sexa aínda máis especial e elegante cos complementos axeitados.

Os detalles son os que pouco a pouco marcan a diferenza para que unha experiencia sexa do máis gratificante. Por iso, propoñémosche como agasallo para o Día da Nai unhas bonitas cuncas coas que a túa nai goce, aínda máis, da súa hora do té.

6. Un agasallo servido a corpo de raíña

En relación co detalle anterior, por que non pechamos ese círculo de experiencias cun agasallo totalmente sensorial? Se tes a oportunidade, dálle os bos días á túa nai como se merece: cun almorzo especial!

Estrea o teu agasallo de cuncas cunha boa refección: a súa bebida favorita (café, infusión ou zume), algo que non acostume a almorzar pero que sabes que lle encantaría (como un croissant quentiño ou un cunco de froitiña fresca) ,e sérveo nunha preciosa bandexa de bambú. Conquistarala pola vista e tamén polo gusto.

Sabías que as nosas bebidas teñen unha procedencia 100 % orgánica? En IKEA, apostamos pola produción de alimentos biolóxicos sostibles. Por iso, todas as nosas bebidas cultiváronse de forma sostible e con agricultores que traballan en condicións xustas. Se queres coñecer toda a nosa oferta e facerlle un agasallo completo á túa nai, invitámoste a visitar a nosa tenda sueca e deleitarte con todos os nosos produtos.

7. Agasallos con mensaxe para nais coquetas

Espelliño, espelliño... Quen é a nai máis fermosa do mundo? A miña! O certo é que, por moito que pasen os anos, cada vez vemos máis preciosas ás nosas nais. Que tal se, con este espello, lle dis o bela que é os 365 días do ano? Mesmo llo podes escribir no propio cristal con algo tan sinxelo como un lapis de labios.

O seguinte agasallo é un detalle perfecto para regalar ás nais máis coquetas. Trátase dun xoieiro de cortiza, un material renovable e duradeiro, capaz de resistir a humidade (así que pode colocalo con total tranquilidade tanto no dormitorio como no baño). Como verás, vén acompañado dun espello e uns compartimentos para que garde nesta caixiña os seus obxectos preferidos: desde un colar ata un pintaunllas. Ademais, pódese encastelar para que ocupe o menor espazo posible. Gústache?

8. Agasallos para o seu momento de relax

Pode que non sexa o primeiro agasallo que se che ocorre ao pensar no que regalar polo Día da Nai, pero o certo é que optar por un detalle como un farol ou un portacandeas pode ser unha grande opción.

Neste caso, inspirámonos nese intre que toda persoa necesita ao longo da semana: o de relaxarse e desconectar. Para favorecer este descanso e momento de relax total, nada como ambientar un pouco o espazo, e que mellor que a calidez dunhas candeas (aromáticas ou non) para conseguilo? Axuda á túa nai a gozar dese merecidísimo instante cun agasallo bonito e orixinal como o que te amosamos. Transmite unha gran calma, non cres?

9. Unha idea para gozar en familia

Que é o que máis alegra á túa nai? Apostamos o que sexa a que é pasar tempo coa familia e os seus seres queridos. Por iso, este agasallo para o Día da Nai ten un propósito especial: pasar máis tempo xuntos.

Se cada vez que chega o bo tempo estades desexando coller a mochila e pasar o día ao aire libre, este agasallo encantaralle. Unha manta de pícnic é a aliada perfecta para acompañarvos a todas as vosas aventuras no parque, na praia ou na montaña. Esta, concretamente, está fabricada con poliéster 100 % reciclado e, ademais de mol e resistente, conta cunhas correas para levala dun lado a outro máis comodamente. Animádesvos a estreala o 2 de maio?

10. Agasallos para as nais máis danzarinas

Rematamos esta lista de ideas accesibles para o Día da Nai cun agasallo con moito ritmo. Está pensado para acompañar á túa nai neses intres de máxima ledicia nos que só quere cantar e bailar, pero tamén é idóneo para os instantes nos que prefire evadirse un anaquiño e descansar. Un altofalante bluetooth coma este é unha opción moi económica e orixinal coa que seguro que atinarás.

Sabías que o modelo que che amosamos na foto está fabricado con plástico reciclado ABS? Así que, amais de orixinal e accesible, estaraslle a regalar un produto moito máis respectuoso co medio ambiente.

Que che pareceu? Esperamos que atopases unha morea de ideas económicas e orixinais para regalar á túa nai no seu día especial. Se, aínda así, quedaches con ganas de saber máis sobre os nosos produtos, non perdas esta selección de artigos especiais.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter presente que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.