Saltar

Ideas para decorar unha terraza grande ou un xardín

As nosas terrazas e os nosos xardíns ábrense paso para recibir o bo tempo. Queres unhas ideas para poñelos a punto? Non perdas o seguinte artigo sobre ideas para decorar a terraza e o xardín.

Ideas para decorar a terraza e o xardín
Ideas para decorar a terraza e o xardín

Sácao todo dos teus armarios e estantes

Despois do frío inverno, chega o momento de quitarlle o po a tódolos complementos de exterior e vestir a nosa terraza ou o noso xardín. É recomendable ter en conta o material de todos os obxectos que mercas, especialmente para exterior, porque terán que ser resistentes a condicións climáticas adversas, como a chuvia, o aire e as temperaturas extremas (tanto frías como cálidas).  

No caso dos armarios é importante coidares ese detalle, xa que serán os encargados de protexer e salvagardar o resto dos obxectos, como coxíns ou fundas.  
Na imaxe, por exemplo, apostamos polo noso KOLBJÖRN, un armario todo terreo que serve tanto para interior como para decorar exteriores. É moi práctico e cómodo porque, ao ser de aceiro galvanizado con revestimento en po, non se oxida, límpase facilmente e dura moito. 

Mobles de exterior con estilo rústico

Se buscas unha almacenaxe cun deseño máis rústico e non tan metalizado, recomendámosche que lle botes unha ollada á nosa serie de mobles de xardín ÄPPLARÖ. Unha das nosas debilidades con esta colección é, sen dúbida, o banco de xardín con almacenaxe, que cumpre varias funcións. Podes gardar nel todo o que quixeres, desde coxíns ata ferramentas de xardinería, e todo cunha estética de infarto. Ponlle uns coxíns enriba para darlle un toque extra de decoración e confort. E o mellor de todo é que podes cambialo de sitio comodamente grazas ás rodas que ten instaladas. 

Se o completas coa bolsa TOSTERO, asegurarás a protección total dos obxectos que gardes no seu interior. 

Coxíns de exterior resistentes e con estilo

Gozar duns momentos ao aire libre sempre é máis fácil cuns bos coxíns de exterior. E, ao igual que os mobles, recoméndase que os téxtiles para terraza e xardín sexan máis resistentes que os que poñemos no interior da nosa casa. En concreto, o mellor é que repelan a auga, resistan a descoloración e poidan lavarse a máquina. Canto máis cómodo, mellor, non si?

As noites á fresca

O mellor de ter unha gran terraza ou un xardín é poder gozar do exterior as 24 horas do día. Cando chega a noite, non ten por que rematar o teu plan na terraza, senón todo o contrario. Coa axuda dunha boa iluminación de exteriores, poderás estar horas e horas á fresca e gozando ao aire libre.  

Nós optamos por unha grilanda de luces para decorar e iluminar as paredes, pero sempre podes poñer outros obxectos, como focos, farois e incluso candeas. Que che parece?

Plantas e flores, as verdadeiras protagonistas

Que é dunha terraza ou un xardín sen as súas rechamantes e coloridas flores? Estarían incompletos, non cres?  
Son o compoñente principal e máis importante deste espazo, así que coida ao detalle onde as colocas. Deixa que a túa creatividade se plasme a través delas e converte a túa terraza ou o teu xardín na envexa de todo o barrio. Podes xogar coa cor das flores, co seu tamaño, e mesmo coa cor e a forma dos testos. Que tal un xardín vertical con enredado para dar un toque diferente ás paredes? Experimenta! 

Unha pérgola para que nada che impida gozar ao aire libre

Non permitas que a chuvia ou os fortes raios do sol interrompan os teus plans ao aire libre.

Goza do tempo baixo un parasol e mesmo baixo unha pérgola o suficientemente grande como para protexervos a ti e aos teus convidados. A seguridade e a comodidade son o primeiro.

Que che pareceu? Se queres máis ideas sobre decoración de exteriores e coidado de plantas, non perdas estes artigos.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.