Saca o teu brillo interior
Investir tempo nun mesmo é un acto de amor propio. Podes utilizar parte deste tempo para elaborar o teu propio exfoliante no canto de mercar un. Exfóliate para brillar coma un diamante ao tempo que coidas do planeta.
Localización: cuarto de baño
Momento do día: pola mañá
Duración: 10 minutos
Sinte o amor detrás de cada exfoliante.


- Páxina de información do produto
Como aloumiñar a pel
O exfoliante retira a capa superior de células mortas da pel e fai que teña un aspecto máis saudable. Ademais, estimula a produción de coláxeno para manter a pel firme e radiante. Ao igual que as masaxes, limpar a pel co teu propio exfoliante é perfecto para desfacerse do estrés e o cansazo.
- Mestura os ingredientes nun cunco BLANDA: 1/3 cunca de café moído, 1/3 de azucre moreno e 1/4 cunca de aceite. Mestura ben ata que quede unha textura areosa. Usa unha cunca medidora VARDAGEN.
- Bota a mestura nunha xerra KORKEN e lévaa ao baño.
- Pásaa delicadamente por todo o corpo cunha banda exfoliante DVÄRGHYACINT (evita as áreas sensibles). Déixaa estar durante 10 minutos para que a pel a absorba.
- Aclara os restos con auga quente.