Notas peculiares
Notas espontáneas. Escribe. Debuxa. Fai garabatos. Exprésate do xeito máis peculiar que se che ocorra. Non todos os diarios teñen que estar organizados e meditados. Expresarte de xeito espontáneo captura o teu estado de ánimo, en calquera momento e forma. Pono á vista e compárteo coa túa familia ou cos teus compañeiros de piso. É un xeito divertido e diferente de escribires un diario. Chegou o momento de liberar a mente.
Localización: Sala de estar
Momento do día: Noite
Duración: 20 minutos, a diario
Comparte as túas rarezas.


Como expresarte a través da arte
Este ritual ofréceche unha forma creativa de expresar os teus pensamentos e emocións de forma visual, e así fomentar o crecemento persoal e o autodescubrimento. Compartir os teus pensamentos e creacións nun taboleiro de notas fomenta o diálogo aberto e reforza as conexións entre os integrantes do fogar. Debuxar e facer garabatos é unha vía de escape terapéutica, xa que reducen o estrés e promoven a relaxación. Usar de xeito cotián o taboleiro de notas como diario fomenta o desenvolvemento das túas habilidades artísticas e pemíteche alcanzar novos niveis de creatividade e imaxinación.
- Busca un lugar visible onde colocar o teu taboleiro de notas para dar renda solta á túa creatividade e deixar que o vexan todos os que vivan contigo (e mesmo as visitas, se che parece ben).
- Garda preto todo o material artístico, como os rotuladores para encerado MÅLA, as tesoiras e as notas adhesivas, para cando che apeteza debuxar ou facer garabatos.
- Non esquezas o borrador! A creatividade é un proceso e, ás veces, teste que librar dalgunhas cousas.
- Exprésate. Usa o taboleiro de notas SVENSÅS para debuxar, facer garabatos ou escribir os teus pensamentos e sensacións ao longo do día con total liberdade. Mostra os teus recordos, que poden ser tan variados como o recibo dun restaurante que che encantou.
- Anima o resto a contribuír coas súas propias creacións; deste xeito, fomentarás a comunicación aberta e o intercambio de expresións persoais.
No taboleiro plasmamos todas as ideas que temos na cabeza.”
Tauri@editaurial en Instagram