Entra en escena
Na casa todas as semanas hai unha estrea e a túa familia é a estrela do espectáculo. Ao personalizares o pano de fondo, axudas a que os demais deixen voar a súa imaxinación e creatividade e a que o escenario sexa totalmente voso. Xa tes todo o necesario para representar innumerables historias diante do público de peluches.
Localización: Sala de estar
Momento do día: Noite
Duración: 60 minutos
Agardamos que che guste a actuación.


- Páxina de información do produto
Receita do ritual
Actuar no escenario estimula a imaxinación e fortalece a confianza dos nenos (e dos adultos). Ademais, representar personaxes e historias mellora as habilidades lingüísticas e o pensamento cognitivo. Ao xogar e actuar cos teus fillos, tamén estreitas lazos e fomentas a unión, ademais de creares lembranzas felices para toda a vida.
- Crea o teu propio pano de fondo personalizado pintando unha cortina de ducha BJÄRSEN. Deixa que os nenos sexan os que decoren con pintura e rotuladores MÅLA, baixo a supervisión dun adulto.
- Usa unha barra de cortina de ducha BOTAREN para colocar o pano de fondo no recibidor ou no marco dunha porta.
- Descorre a cortina para interpretar a obra da semana diante dun público entregado de convidados ou peluches. Ao finalizar o espectáculo, quita a cortina e gárdaa ata a semana que vén.