Saltar

Corre polo planeta

O plogging é unha mestura do inglés "jogging" e o sueco "plocka upp", que significa recoller. Este deporte de moda naceu en Suecia, onde as persoas comezaron a limpar as rúas ao tempo que facían jogging. O plogging combina o exercicio co coidado do planeta.

Localización: ao aire libre
Momento do día: pola mañá
Duración: 60 minutos

Activa o teu corpo dun xeito máis ambicioso.

Un home fai jogging na natureza ao tempo que recolle lixo e o bota nunha bolsa de reciclaxe AJÖSS.
Un home fai jogging no bosque. Ten postas unhas luvas de limpeza RIINIG e leva unha bolsa con lixo.

Unha razón de máis para facer deporte

Calcúlase que 30 minutos de plogging queiman 50 calorías máis có jogging clásico. E ten outra vantaxe: coidas da túa contorna mentres fas deporte. Aínda que o xesto sexa pequeno, o impacto é considerable! Ademais, se te unes a unha comunidade de ploggers coma ti, podes socializar e divertirte mentres axudas o planeta. Queres coidar do medio, pero prefires que non te faga suar? Recolle lixo mentres camiñas tranquilamente polo barrio. 

 

Limpa quilómetro tras quilómetro

Enche os pulmóns con aire fresco e as bolsas de reciclaxe AJÖSS co lixo que vaias atopando durante a carreira. Cuns guantes de limpeza RINNIG e unhas pinzas IKEA 365+ HJÄLTE, chegarás a casa sen mancháreste.

Un home ao aire libre, con gafas de sol e roupa de deporte, bebe dunha botella de auga IKEA 365+.
Un home ao aire libre, con roupa de deporte e luvas de limpeza RINNIG, ata unha bolsa de reciclaxe AJÖSS chea de lixo.
Un home ao aire libre, con roupa de deporte, estase a pór unhas luvas de limpeza RINNIG. Nun banco á súa beira, vemos unha bolsa de reciclaxe AJÖSS baleira e unhas pinzas IKEA 365+.
Un home en roupa de deporte prepara unha bolsa de ximnasia VÄRLDENS.
Un home con roupa de deporte e unha bolsa de ximnasia VÄRLDENS estase a pór unha gorra.