Concerto na ducha
Todos os baños son un estadio, e están agardando a que subas a el e empeces a cantar na ducha. Prepara o ambiente coa música e a iluminación adecuadas, déixate levar e canta ben alto! Canta todo o que queiras, e o efecto será instantáneo: sentiraste xenial e quererás repetilo.
Localización: cuarto de baño
Momento do día: pola mañá
Duración: 10 minutos
Goza dando o teu propio espectáculo.


- Páxina de información do produto
Como cantar a todo pulmón para que se escoite ata o fondo
Cantar na ducha libera endorfinas, serotonina e dopamina, as hormonas da felicidade que te fan estar de bo humor e a gusto contigo mesmo. Ademais, a acústica do baño é perfecta, polo que é o lugar ideal para practicar un pouco.
- Escolle as cancións para o concerto de hoxe. Limita a sesión a 7-10 minutos para non estragar auga.
- Cambia a cor das lámpadas TRÅDFRI para acompañar a música. Será azul, laranxa ou morado?
- Conecta o teu móbil por Bluetooth ao altofalante portátil e que soe a música.
- Sube ao escenario, enxaboa ese corpo e a cantar!