Ideas para facer un almorzo sorpresa
A quen non lle gusta empezar o día cun bo almorzo? Se queres ter un detalle con alguén, non se nos ocorre mellor forma de facelo que cun almorzo sorpresa preparado por ti. Poderás personalizalo segundo os seus gustos para conseguir que o día comece do mellor xeito posible. Toma nota!
Imaxina que abres a porta e te encontras cun estupendo almorzo preparado para ti, faríache ilusión, non si? Pois esa é a nosa proposta, que leves un almorzo sorpresa acabado de facer á porta desa persoa especial na que estás a pensar. Sexa un amigo ou unha amiga, un familiar ou a túa parella, seguro que consegues alegrarlle o día.
E se vives coa persoa á que lle queres agasallar a primeira comida do día, non pasa nada, lévallo á porta do seu dormitorio ou directamente á cama! Sexa como for, as ideas que che imos dar para preparar un almorzo para levar hanlle abrandar o corazonciño.
Personaliza ao máximo o almorzo
O primeiro e o máis importante será elixir os alimentos que formarán parte do almorzo sorpresa. Como diciamos ao principio, o mellor de o preparares ti é que terás a posibilidade de escoller o que máis guste a esa persoa e tamén o que máis che guste a ti.
No caso de seren diferentes, o noso consello é preparares caixiñas individuais como a da foto con todo o que sexa para cada un. Por exemplo, se a el ou a ela lle gusta o zume de piña e ti prefires o de laranxa, poderás pór unha botella de vidro diferente en cada un. E así con todo. Mesmo podes pór unha tarxetiña co seu nome na caixa correspondente para así saberen que o preparaches expresamente pensando nel ou nela.
O que sexa para ambos, podes colocalo fóra das caixiñas en bolsiña de rede de tea. Ambas opcións, ademais de teren materiais que as fan máis bonitas, son tamén máis sostibles e respectuosas co medio ambiente. Queres saber por que? Por un lado, todo o algodón dos nosos produtos recíclase ou cultívase cun menor consumo de auga, pesticidas e fertilizantes e, por outro, algúns dos nosos tarros de vidro están fabricados xa con vidro reciclado (e ademais, todos son 100 % reciclables).
Un menú de almorzo completo
En canto á comida, deixámosche aquí un menú de almorzo con opcións para todos os gustos:
- Batidos coas vosas froitas favoritas. Un truco para ir máis rápido? Merca unha bolsiña de froita conxelada como FRUKSTUND, na variedade que máis che guste: amorodo con citronela ou laranxa e cenoria. Só terás que bater a mestura con leite ou con auga.
- Froita fresca: alén dos batidos, tamén podes levar algunha peza de froita por se vos apetece completar o almorzo: plátano, mazá, kiwi...
- Café e infusións: podes preparar varios termos para levar co que máis vos guste.
- Galletas: un doce clásico que non pode faltar no almorzo. Queres algo diferente? Bota unha ollada ás nosas galletas de xenxibre, de avea e canela, con recheo de framboesa, de coco, de chocolate... hai para todos os gustos!
- Chulas, gofres, filloas ou tortas: podes facelas ti mesmo ou recorrer a algúns que xa estean case listos. Na nosa tenda temos diferentes opcións, dende gofres conxelados ata tortas de améndoas e chocolate.
- Tostadas para os amantes do salgado: elixe un bo pan e crea diferentes combinacións con tomate, xamón, aguacate, salmón... encantaranlle!
Prepara unha mesa para levar
Con este almorzo sorpresa terás a opción de preparar a comida e tamén poderás levar a vaixela que vaias precisar. Deste xeito, a persoa á que llo leves non terá que pensar en nada, só gozar.
O primeiro será pensar no número de persoas que ides ser e no que tomaredes. En función diso, terás que elixir as cuncas, os pratos, os cuncos e os cubertos que precisarás levar. A nosa recomendación para o resultado ser máis rechamante é combinares pezas de diferentes vaixelas con deseños que encaixen ben. Nós, por exemplo, escollemos cuncas en cor branca rota, cuncos en azul claro e pratos en branco con estampado azul. Os panos de mesa e a candea poñen o punto de cor. E, como toque final, un pequeno floreiro ou un recipiente con flores.
Ademais, tamén deberás levar o mantel, que alén da súa función habitual, servirá para envolver todo o enxoval e que este non sufra ningún dano polo camiño. Fai un paquete feitiño, e listo! Cando chegues só terás que abrilo e colocar a mesa.
Busca un apoio para colocalo todo
A presentación conta, e moito! Así que para que este agasallo sexa especial, é importante montalo nun lugar axeitado. Se vas levarllo á súa porta, un carriño serache de axuda para trasladalo comodamente.
Nesta ocasión, nós escollemos un piramidal porque así poderás colocar os diferentes compoñentes do almorzo na orde na que vaias utilizalos, e o resultado será moito máis estético. Ademais, terás espazo abondo, xa que, como diciamos, non só levarás a comida, tamén os utensilios que utilicedes e algún detalle decorativo. Se queres tamén podes pór un gancho cando precises levar algo extra como, por exemplo, o termo con café. Non faltará ningún detalle!
E se non tes un carriño, ou simplemente queres algo máis pequeno, unha bonita bandexa de servir sempre é unha boa aposta para colocar o almorzo e transportalo comodamente. Ademais, moitas teñen patas para que poidas levalas ata a mesma cama. Que categoría!
A que esperas para preparalo? Se queres incluír algunha receita máis no teu almorzo, bota unha ollada ás que che propoñemos deseguido.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.