Saltar

Bim Eriksson: O meu é teu

Bim Eriksson, novelista gráfica e artista residente en Estocolmo. Nacida en 1991, Eriksson deixou pegada no mundo editorial en 2016 co seu primeiro libro. Con todo, foi "Baby Blue", novela gráfica publicada por Eriksson en 2021, a que a consagrou dentro dos ambientes culturais. A historia acontece nunha sociedade distópica que prohibe expresar o fracaso, a dor e as enfermidades mentais. As súas ilustracións apareceron nas páxinas de numerosas publicacións suecas, así como en lugares prestixiosos, como o Museo de Arte Moderno de Estocolmo, a Galería Botkyrka e a Academia de Belas Artes de Boloña.

Unha muller sentada detrás dun escritorio a carón dunha fiestra. Detrás dela hai estantes cheos de libros e coloridos cartóns recortados con formas humanas.

Compartir é coidar

O rocho comunitario é un exemplo brillante de espazo compartido de inspiración sueca. A área de almacenamento, que era aburrida e pouco inspiradora, transformouse nunha vibrante sala polivalente que os residentes poden usar para diferentes actividades. Equipada con ferramentas, mobles adicionais e mesas pregables, a idea é que os veciños poidan tomar emprestados artigos con facilidade para organizar reunións e festas, o que os axuda a aforrar espazo e diñeiro, ao tempo que se fomenta un sentido de comunidade máis forte. Este espazo flexible está adornado con madeira e plantas, e ofrece a oportunidade de organizar eventos, como ceas, quedadas para que os nenos xoguen e clases de ioga, ou incluso eventos de intercambio de roupa.

Unha cociña marrón na esquina posterior esquerda con estantes abertos na parede e azulexos en beixe debaixo. Unha illa de cociña de cor negra cun taboleiro de madeira situada en fronte da cociña. Á esquerda hai un banco rosa con coxíns de diferentes cores.
Vista frontal dunha unidade de almacenamento aberta chea de esteiras para facer exercicio, caixas de madeira, aspiradoras e libros.
Un carriño de cociña negro cun taboleiro de madeira xunto a un banco con coxíns de diferentes cores. Detrás do banco hai unha planta verde alta.
Unha mesa de comedor preparada cun mantel branco, pratos, cubertos e vasos á beira dunha unidade de almacenaxe.
Unha cociña con portas de paneis de madeira e un estante enriba, vista dende diante. Hai un carriño negro con caixas á esquerda.

Feito para a maioría

O espello BLODLÖNN pódese dispoñer nunha parede con diferentes espellos para crear unha ilusión óptica, o que fai que o espazo semelle máis grande do que é. Por exemplo, podes crear a ilusión de que a mesa segue máis aló da parede.

Os estantes IVAR son outro elemento de deseño intelixente que facilita o préstamo e a devolución de artigos ao seu lugar orixinal. O muro de almacenamento comunitario axuda a manter todo organizado, dende mesas e maletas ata xogos de mesa e ferramentas, o que fomenta a cultura de compartir e reduce o consumo innecesario.

As mesas pregables NORDEN ofrecen flexibilidade, de xeito que o espazo pode transformarse nun ximnasio ou estudio de ioga nun minuto soamente, o nun campo de xogos para a rapazada do edificio. As mesas pódense abrir ou pregar para adaptarse a diferentes actividades e pódense tomar emprestadas para diversas ocasións, como talleres, festas de aniversario ou ceas. Tamén poden servir como espazo de traballo adicional e como cociña para preparar festas, con vaixela, vasos e cuncos para uso común.

A gama KYRRE de mobles lixeiros encastelables, pregables e móbiles proporciona flexibilidade adicional, o que facilita a organización de grandes ceas ou clases maxistrais. Cando necesitas máis espazo para bailar ou para realizar outras actividades, as cadeiras pódense mover e amontoar facilmente. O carriño BROR serve como un versátil mesado para a preparación de alimentos, unha barra para bebidas ou un banco de traballo para impartir clases maxistrais. Pola súa parte, o carriño NISSAFORS ofrece unha maneira doada de organizar bebidas, comida ou pratos, que logo se poden levar onde faga falla.