Saltar

Descansa coa túa familia con solucións prácticas

É verán, o momento de descansar coa familia. Prepara o baño para os días calorosos con cousas frescas e con estilo. Con solucións de almacenaxe como os ganchos con ventosa, os lavabos pequenos e os tendais, podes facer do teu baño un lugar para todo e para todos. Pasade o verán xuntos!

Pequeno, intelixente e económico. Deixa que empece o retiro de verán coa combinación de armario e lavabo LILLÅNGEN. Acabouse o de discutir polo baño; agora hai un para cada membro da familia.

As nosas duchan gastan menos auga e manteñen a presión axeitada. Bo para nós e para o planeta.

Bañadores mollados tirados no chan? Agora, mesmo os máis pequenos poden axudar a ordenar o baño. O tendal MULIG é unha forma sostible de pór a secar e airear a roupa.

Detalles para fuxir da calor con estilo

Queres tempo para ti? Nós tamén. Con refrescantes toallas, tecidos, obxectos de decoración e pequenos detalles, podes crear facilmente o teu propio oasis no cuarto de baño.

Pon máis tecidos no teu baño para crear unha harmonía total co verán.

Logo dun traballo duro, mereces tecidos suaves. Rodéate das suaves e coloridas toallas de baño FLODALEN para soñares esperto.

Uns floreiros pequeniños e unhas flores engaden cor e contribúen a crear un ambiente relaxante no baño.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.