Saltar

4 ideas para aproveitar a almacenaxe con teitos altos

Se precisas de espazo para gardar cousas e cres que xa non tes de onde sacalo, pensa nesas partes da casa que pasan máis desapercibidas. Pensaches algunha vez no útil e funcional que pode resultar aproveitar eses ocos da parede que van ata o teito para gardar as cousas? Si, como o estás a ler. A almacenaxe en casas de teitos altos torna posible se estamos armados cunhas boas escaleiras. Atopamos 4 solucións para gañar máis espazo de almacenaxe no teito.

1. Estantes en paredes de teitos altos 

Podes montar os diferentes bloques da serie EKET ao teu gusto e, ademais de expoñer cousas bonitas, poderás xogar coas súas formas para creares unha solución divertida e funcional en toda a parede do salón ou do dormitorio.  

Como son módulos que poden ir de forma individual, podes colocalos un por un de abaixo cara arriba, ata a parte máis alta da parede, rozando co teito. Despois, podes continuar a fila de almacenaxe en altura colocando uns á beira doutros ou ben ir colocándoos distribuídos de diferentes formas.  

No seu interior, coloca máis preto da túa altura as cousas máis funcionais se foren obxectos útiles ou as que máis queiras destacar se foren puramente decorativos. Máis arriba, coloca as que menos uses ou as que menos che interesa que se vexan.  
 
Ao teu gusto! 
 

2. Módulos de almacenaxe en altura 

A almacenaxe aberta e en altura como a que vimos na serie EKET é xenial, pero tamén hai cousas que preferimos ocultar tras unha porta (como esta porta de cociña) nun moble para que non se vexan ou, sinxelamente, para que non collan po. 

Por iso colocando estes módulos en altura poderás organizar e gardar todo tipo de cousas nun espazo que doutra forma estaría completamente desaproveitado e perdido.  

É ideal para utilizalo como un pequeno rocho ou para as cousas que utilizamos de forma menos habitual, ou as máis voluminosas: os xogos de toallas para os convidados, roupa doutras tempadas, calzado, os abrigos de inverno máis voluminosos empaquetados en bolsas ao baleiro…  
 

3. Como aproveitar os teitos altos: un armario suspendido do teito

Os armarios tal como os coñecemos non son a única solución: tamén existen os "armarios flotantes" que nos axudan a explotar moitísimo a almacenaxe en altura. 

Os colgadoiros de roupa son "o máximo", pero se tes maña, proba a montar este sistema de cordas e poleas feito con dúas barras de cortina nas que ir colocando as pezas de roupa perfectamente organizadas. Isto é ideal se tiveres os armarios a rebentar, se tiveres pouco espazo no dormitorio ou se fores dos que prepara a roupa de toda a semana con antelación e queres tela á vista e á man sen ocupar espazo dispoñible.  

4. Como colocar estantes por riba das fiestras

Se montas varios andeis ou estantes en liña por riba das fiestras, aproveitarás un espazo morto e enmarcarás as fiestras con estilo, dunha forma moi orixinal. Isto é xenial se tiveres fiestras sen cortinas ou cunhas finiñas, de tal xeito que che axudarán a reforzar a decoración á vez que gañas espazo co que non contabas. 

E se necesitas aínda máis espazo de almacenaxe, podes seguir montando andeis ata enmarcar todo o cuarto ao completo, rodeándoo. Ideal para colocar todos os teus libros sen perder espazo útil!  

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.