Saltar

As vantaxes de gardar e clasificar os obxectos en caixas

Non nos cansaremos de repetilo, unha casa ordenada é unha casa feliz. Por iso, hoxe traémosche uns consellos prácticos para gardar e clasificar eses obxectos diminutos que sempre se perden pola casa e non sabemos onde meter.

Primeiro plano de carretes de fío ao lado dunha caixa morada con compartimentos interiores.
Primeiro plano de carretes de fío ao lado dunha caixa morada con compartimentos interiores.

Se hai algo co que todos nos podemos sentir identificados, é que temos demasiadas cousas. Todos eses obxectos que andan soltos polos nosos armarios e caixóns e que nos tolean a diario. Solución: as caixas e algo de tempo. Así de sinxelo. 

Así que, acabáronse as escusas! Atopa a mellor caixa para cada cousa e aproveita para poñer orde nesas tarefas que sempre pospós na túa folla de tarefas pendentes. Verás como, cando o teñas feito, agradeces diariamente o momento en que deches o paso de ordenar a casa. 

Para organizar a maquillaxe

Os vernices de unllas, as brochas, os pinceis, os pos, os lapis de labios, as sombras, a prebase e mil e un obxectos máis forman parte da lista dos produtos de maquillaxe que podemos chegar a ter. Cantas veces pensaches en organizar todas esas cousas para atopalas á primeira?  

O mellor nestes casos é utilizar caixas transparentes, para que limpar e atopar as cousas dunha ollada sexa igual de fácil, e con compartimentos de diferentes tamaños e alturas para que haxa un sitio especial para todos os produtos.   

Nós, por exemplo, decantámonos por unha solución (GODMORGON) porque, segundo o noso último estudio sobre canto tempo perdemos buscando cousas en casa, demóstrase que, con caixas así, poderiamos aforrar até 7 horas ao ano.  
 

Para ordenar a caixa de costura

Para afeccións que teñen pequenos obxectos, como a costura cos seus tubiños de fíos, nada mellor que, outra vez, unha caixa con divisores. Pénsao.  

Neste caso, por exemplo, gardar os utensilios nesta caixa con compartimentos permítenos clasificar os fíos por cores e mesmo por tipoloxía. Ademais, tamén podemos engadir outros obxectos de utilidade, como tesoiras, un metro, dedais e agullas. E, como son obxectos que non manchan, podes elixir unha caixa de cartón que che guste e forrala como ti queiras para que sexa a mellor caixa de costura que tiveches nunca: única, bonita e con todo no seu sitio.  

Se non tes sitio para unha caixa, que tal unha minicómoda con caixóns? Poderás gardar exactamente da mesma forma os teus fíos, pero desta vez cunha almacenaxe vertical, perfecta para calquera recuncho enriba dunha mesa ou no estante.  

Mira que útil é gardar a maquillaxe no baño cunha caixa

Para distribuír ben o rocho 

Hai habitacións da casa, coma os rochos, que acumulan unha grande cantidade de obxectos (tanto grandes coma pequenos) e que en moitas ocasións acaban no esquecemento. Por que? Basicamente e na maioría dos casos, porque quedan ocultos, e aquilo que non se ve é coma se non existise.  

As caixas transparentes volven ao rescate para organizar a nosa casa. Divide os obxectos por propietario, estancia ou utilidade e introdúceos en caixas con bastante fondo para que caiba todo. Neste caso, decantámonos polas caixas transparentes SAMLA porque son amontoables e grandes abondo para obxectos avultados.  

Con solucións coma estas conseguirás aumentar a vida dos obxectos, diminuíndo o seu desgaste, poderás atopalos á primeira e non correrán o perigo de mancharse o encherse de po.  

Para os aparellos electrónicos 

Conta cantos dispositivos electrónicos tes. Agora pensa cantos deles teñen un cable ou accesorio de alimentación. Seguro que máis dunha vez desesperácheste buscando onde tes ese cable ou tentaches conectar un erroneamente. Acabouse! Para estes casos, as caixas tamén son as nosas aliadas.  

Aquí utilizamos a nosa KUGGIS porque, ao ter dous pisos con estrutura diferente, podemos gardar tanto os dispositivos coma os propios cables, independentemente do tamaño. Nesta caixa, o primeiro nivel é perfecto para cables e o segundo ten compartimentos para ter ben ordenados os accesorios. Que che parece? Sempre saberás onde atopalos e, no caso de que falte algún, saberás facilmente de cal se trata.  

Para os caixóns da cociña 

Se a túa cociña non ten moitos caixóns, proba a gardar as cousas pequenas, como as especias nunha caixa transparente con asa. Sempre estarán á man e todas xuntas. Tamén podería servir para calquera outra cousa, como para gardar os botes de pintura.  

 

Gánalle a partida á preguiza e aproveita o tempo na casa para organizarte mellor. Simplificarache a vida e aforrarás tempo para adicarllo a aquilo que realmente merece a pena.  

Se che gustou o artigo e queres seguir inspirándote e descubrindo pequenos trucos para ter a túa casa totalmente en orde, non perdas este artigo.  

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.