Como ordenar un recibidor práctico para toda a familia
Con tanta xente na casa, calquera tipo de axuda para manter a orde e a organización é máis ca benvida. Xa que logo, ímosche dar unhas ideas para ter o recibidor dos teus soños: espazoso, bonito e, sobre todo, moi práctico.


Moitas veces pasamos por alto o potencial dalgunhas zonas da casa, como é o caso do recibidor. E é que este espazo pode converterse no aliado perfecto para gardar e ter á man todo o que nos fai falla no noso día a día, como as chaquetas, algúns zapatos, o casco da bici, etc.
E aínda que non sempre contamos con demasiado espazo, nada é imposible para as nosas solucións de orde e almacenaxe. Por iso, hoxe amosarémosche algunhas ideas para converter o teu recibidor nunha zona do máis práctica e funcional. Podes incorporar unha, todas ou mesmo crear algo novo a partir destas ideas. Sigue a ler para velas todas!
Un recibidor a medida: sistemas de guías e taboleiros perforados
Cos nenos, escoller que manter dentro e fóra do seu alcance muda co tempo. Por iso, unha parede de taboleiro permítenos organizar e axustar os accesorios e roupa á altura de todos os membros da familia.
Un taboleiro perforado é perfecto para lograr a combinación exacta dos ganchos que queremos e a súa distribución. E como é modular, non ten por que quedar así para sempre, senón que podemos ir cambiándoo conforme o precisemos. Ademais, é moito máis cómodo e económico que un moble recibidor, sobre todo se tes un espazo pequeno.
O noso taboleiro perforado SKÄDIS ten unha gran cantidade de complementos para que poidas enganchar e pendurar calquera tipo de obxecto. Ademais, podes integralo nun sistema de roupa ALGOT (ambos de cor branca) co que combinar o taboleiro e uns andeis altos, e mesmo unhas cestas na parte inferior, perfectas para colocar os cascos, os sombreiros ou calquera outro complemento. Con esta solución, poderás crear un recibidor a medida, readaptable e moi práctico.
Coloca complementos que che axuden
Ás veces, os obxectos que queremos ter sempre á man no recibidor teñen unhas dimensións moi diferentes entre si e iso fai que sexan máis complicados de organizar. Por iso, o máis práctico é engadir complementos que se adapten a cada tipo e che permitan telo todo en orde, como comentamos antes no caso das cestas ou os ganchos.
Podes empregar obxectos que non estean pensados para un recibidor exactamente. Por exemplo, na seguinte imaxe verás como colocamos unha guía de toallas para que recolla nese pequeno oco todos os obxectos que quedan a un lado e poden esvarar, coma o bate, o aro, tamén poderías por os parasoles en verán, os papaventos... O que se che ocorra!
E se os máis cativos da casa non poden saír sen os seus xoguetes básicos, por que non os deixas preparados nunha caixa? Ademais, como ten rodas será máis fácil de levar dun sitio a outro, xa sexa ao xardín, ao parque do lado ou á casa dos curmáns.
As 2 pezas básicas para un recibidor sinxelo
Se non queres complicarte cunha instalación como a que che amosamos ao principio, pero tampouco ves factible empregar un moble, podes apostar por algo máis sinxelo, coma o que propomos deseguido.
Esta idea confórmase tan só dunha guía para colgar os abrigos e chaquetas, e un organizador de armario para as pezas máis pequenas, como por exemplo, as luvas. Cada un pode ter un compartimento diferente para que non haxa dúbidas e sempre dispoñades dun espazo propio. E cando xa non faga falla, zas! Pregádelo e gardádelo sen ocupar espazo apenas.
Por certo, sabías que ao utilizar complementos coma o organizador de armario RASSLA podes aforrar ata 5,5 horas de vida ao ano?
Se aforrar tempo é unha prioridade para ti, seguro que che interesa o seguinte artigo e facer o noso test sobre canto tempo perdes na casa á procura de cousas. Non o perdas, sorprenderache o resultado!
A solución para os ocos mortos
Se tes un oco baleiro á entrada ou simplemente non podes instalar guías e ganchos na parede, unha opción para non renunciar a un recibidor práctico é unhaNIKKEBY. Desta forma, teralo todo nun mesmo obxecto: andeis para os zapatos e guías a distintos niveis para pendurar perchas.
Detrás deste, sempre podes colgar uns ganchos extra para obxectos coma o candeado da bici ou un paraugas. Nós apostamos polos ganchos despregables BJÄRNUM para que, no caso de non seren precisos, poidan recollerse e non enganchar en nada.
Protexe a parede
Se o paraugas é un dos complementos que non poden faltar no recibidor durante o outono e o inverno, sería recomendable protexer a parede de golpes, humidades e da sucidade en xeral. Ademais, é a escusa perfecta para decorar o recibidor.
Neste caso, empregamos un panel de parede LYSEKILL, que aínda que foi deseñado para instalarse na cociña, serve perfectamente para esta nova función. É resistente á calor, á auga, á graxa e á sucidade, pero o que máis nos gusta é que ademais de ofrecer protección, queda moi elegante e dálle un toque de ledicia e estilo ás nosas paredes.
Que che pareceu? Seguro que podes facer do teu recibidor un espazo moito máis práctico e organizado con algún destes consellos. Toda a familia estará ledísima co seu colgadoiro!

Se che gustou, non perdas o seguinte vídeo de Pregúntalle a Allen no que falamos sobre recibidores (min 1:34).

E se o prefires, podes ver estoutro con consellos sobre "Como organizar os zapatos nun chiscar de ollos".
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.