Como decorar un cuarto xuvenil para que quede chulo
Decorar un cuarto xuvenil pode ser complicado. Primeiro, porque estás decorando un cuarto que non vai ser para ti. Na decoración dun dormitorio xuvenil, o protagonista debe estar involucrado desde o primeiro momento nas decisións que atinxan o seu novo dormitorio. Por exemplo, podedes ver xuntos cuartos xuvenís e elixir ideas para decorar o seu.
O segundo motivo é que a adolescencia é unha época difícil para eles, pero tamén para ti. É un período cheo de cambios, e a decoración dun dormitorio xuvenil debe saber adaptarse a eles: pufs ou colchonetas para tirarse polo chan cos seus compas, unha cama niño para que queden a durmir… Pero tamén escritorios onde estudar e concentrarse. Vexamos como conseguilo.


1- Para a decoración ser ben chula, ten que encaixar coa súa personalidade
Para a decoración dun cuarto xuvenil ser chula ten que reflectir a personalidade do seu pequeno habitante (contra!, non tan pequeno xa...). Mira canto medrou. Seguro que os seus gustos mudaron e xa non lle chistan moito os peluches nin as cores pastel, ou si. Ademais dos mobles ou as cores das paredes, elixir fundas nórdicas que lle gusten, pode ser unha boa forma de adaptarse á súa personalidade.
A personalidade dun preadolescente é complicada xa que deixa a nenez para entrar na idade adulta, polo que se mesturan elementos de ambos mundos. Como sucede na decoración deste dormitorio xuvenil, onde se combinan o xogo e os mobles máis sobrios para crear un universo diferente. Un universo de seu.
Un lugar para durmir, para estudar e para estar cos amigos
2.1 Un lugar para durmir
Por unha banda, elixir unha das camas individuais que máis lle gusten, e que ademais favoreza o descanso e o sono. É o obxectivo principal de calquera dormitorio. Pero ademais, se queda algún amigo ou amiga a durmir, que poida facelo comodamente.
2.2 Un lugar para estudar dentro do dormitorio xuvenil é clave
É unha das épocas da vida na que máis tempo pasarán fronte a un escritorio, polo que é imprescindible unha lámpada de mesa que ilumine ben, que sexa práctica e que teña estilo.
Outro elemento necesario para o estudo é elixir as cadeiras de escritorio xuvenís que máis lles gusten. Pero tamén deberán ser cómodas e axudalo a manter unha postura correcta.
E iso non é todo, aínda hai moito máis. No seguinte vídeo ensinámosche como adaptar un cuarto de neno a adolescente nun intre:

Non esquezas botarlle unha ollada ás nosas mochilas. Seguro que o teu adolescente haberá querer unha.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.