Sorprende cos teus menús semanais e come saudable a diario
Levar friameira ao traballo é unha costume xenial por moitas razóns, como aforrar, comer de xeito máis saudable e gozar dunha cociña ordenada e limpa toda a semana. Aínda tes escusas para non facelo? Continúa a ler para esquecerte delas.
Coñeces o batchcooking?
Consiste, nin máis nin menos, en destinar unha parte da fin de semana, ou do día que mellor che veña, en preparar varias comidas ou ingredientes que che servirán para organizar o que comerás o resto da semana. Soa sinxelo, non si?
Deste xeito, evitarás recorrer á comida para levar, ao socorrido sándwich ou ás tapas do bar da esquina e, ademais, xa non terás a escusa da falta de tempo para cociñar.
Levar menús saudables e saborosos ao traballo é posible. Comeza por pensar que vas cociñar segundo os ingredientes que teñas na casa e fai unha lista da compra co que precises. Evitarás perder tempo no supermercado pensando o que vas comprar e será máis sinxelo resistirse aos antollos menos sans. Ademais, unha vantaxe sostible da lista da compra é que evitarás que os alimentos caduquen porque non tiveches tempo de consumilos, co conseguinte aforro económico e a redución de residuos na casa.
Podes empezar por cociñar cousas sinxelas que combinan ben entre si, como racións de arroz, legumes cocidas ou en guiso, verduras como feixóns verdes, repolo ou brócoli ou pratos de culler como a crema de cabaciña. É posible conxelalos ou combinalos para elaborar ensaladas e pratos máis completos.
Ordena o teu frigorífico
En función de cando vaias consumir o que cociñaches, ao principio da semana ou ao final, deberás gardalo no frigorífico ou no conxelador. Organiza as túas friameiras tendo en conta que, por exemplo, dentro da gama 365+ atoparás opcións de plástico e de cristal. As de plástico non conteñen Bisfenol A (tamén chamado BPA), polo que son seguras á hora de quentar a comida no microondas e están feitas dun plástico duradeiro que non se deforma nin se tingue con facilidade, ademais de ser encastelables. As de cristal con tapa de silicona teñen un peche hermético e son aptas para o forno e o conxelador. Ademais, tanto o recipiente como a tapa son transparentes, polo que atoparás rapidamente o que buscas estea onde estea. Podes preparar unha lasaña e conxelala, de xeito que cando queiras comela só terás que sacala e meter o recipiente no forno.
Fíxoseche a boca auga, non si?
Con cada prato separado e ordenado en diferentes friameiras, conseguirás unha comida completa e nutritiva todos os días a golpe de microondas e, ao estar planificadas e divididas, non te excederás coas racións.
Tarros de cristal
Un tarro de cristal tamén é unha boa opción para levar a túa comida fóra da casa. Non só é un xeito sostible de reutilizar botes baleiros, senón que, ademais, están de moda os almorzos neste tipo de tarros. Mestura o teu leite ou iogur favoritos con copos de avea ou sementes de chía, froita en anacos e crema de froitos secos, déixao repousar toda a noite e xa o tes: un almorzo para chuparse os dedos preparado en dous minutos e listo para levar.
Tamén son ideais para almacenar alimentos secos sen empaquetar. Deste xeito, a túa compra será máis sostible, a túa despensa quedará ordenada e saberás dunha ollada que ingredientes tes ou que che falta para cociñar o teu menú semanal.
Non perdas tempo
Sabías que case a metade dos españois perde algo na casa polo menos unha vez á semana?
Como xa che comentabamos, a orde é fundamental para no perder tempo buscando as cousas cando as precisamos.
Ademais, como estamos a falar de batchcooking e menús semanais, non podemos esquecer a orde na almacenaxe das friameiras. É un dos principais crebacabezas cando falamos da organización do fogar e, quizais, a túa escusa favorita para non preparar a túa propia comida.
Non é un consello aloucado recomendarche que teñas as túas friameiras ordenadas nun caixón ou nun armario baixo, cun soporte específico para tapas, como VARIERA.
Terás todo listo e á man para o seu uso!

Pensa nun sistema práctico para levar a comida ao traballo. Por simple que pareza, as présas da mañá poden facer que esquezas coller a friameira da neveira. Se este é o teu caso, podes deixar a túa bolsa da comida no colgadoiro da entrada xunto ao teu abrigo ou deixar unha nota ao lado da porta ou no frigorífico.
Tomaches nota? Empeza por cociñar alimentos sinxelos de preparar e combinar para que sexa un pouco máis fácil, e a gozar da comida tamén fóra da casa!
Tomaches nota? Para que sexa un pouco máis sinxelo empezar a organizarte, deixámoste un par de artigos con ideas de receitas sinxelas (e deliciosas) que podes levar ao traballo.
Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, cómpre lembrar que as modificacións e os cambios que introduzas nos produtos IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.