Saltar

Bancos de xardín: consellos para escoller o teu

É unha verdade universal, cando comeza o bo tempo temos ganas de xardín, terraza, sol e sobre todo relaxarnos nun dos mellores bancos de xardín que poida haber. En IKEA estamos preparados para iso e moito máis. Contámosche todo o que precisas saber sobre o mundo dos bancos de xardín, mobles de xardín, de terraza, multifuncionais e os materiais dos mobles de xardín máis resistentes.

Que debes saber sobre os bancos de xardín

Os bancos de xardín, xunto cos mobles de xardín e de terraza, poden formar un auténtico salón no exterior da túa casa. No xardín non se limita só en mercar un banco sen respaldo ou mercar un con respaldo. Son moi funcionais e útiles, pero hai vida máis alá. Por exemplo, un banco con andeis pode solucionar o reducido espazo que teña na túa terraza ou balcón. Son mobles multifuncionais; é dicir, cumpren máis dunha función. 

Así que vexamos que debes ter en conta á hora de elixir entre os diferentes bancos de xardín:

1. Que espazo tes para colocar os teus mobles de xardín

O paso un é saber con que medidas contamos para colocar bancos de xardín, cadeiras ou mesas.

A pesar de non termos moito espazo, como pode ser nun balcón pequeno (con xardineiras e plantas colgantes), hai múltiples opcións entre as que elixir.

2. Utilidade dos bancos de xardín

O segundo punto a ter en conta antes de adquirir un dos nosos bancos de xardín, é a utilidade que queremos que teñan. Como saberás, os mobles de xardín poden ser verdadeiros mobles multifuncionais, como un banco con almacenaxe e rodas ou un banco con almacenaxe sen elas. Sempre nos servirán para gardar os coxíns dos bancos ou demais elementos decorativos do xardín, ou mesmo poden facer as funcións de mesa. Como o da imaxe, que pertence á serie ÄPPLARÖ.

Se che gusta este estilo, María, unha das nosas interioristas, preséntanos como combinar os mobles de terraza de madeira de acacia maciza e madeira de eucalipto.

3. Estilo dos mobles do teu xardín

Quer xa dispoñas doutros mobles de xardín quer penses en renovalos por completo, do mesmo xeito que sucede cando decoramos un salón, un dormitorio ou unha cociña, todos os mobles de exterior deben ir en sintonía.

Por exemplo, os mobles deste xardín son harmoniosos e forman parte da serie SJÄLLAND. En tons grises e de aluminio, son moi fáciles de mover, lixeiros e, ademais, precisan pouco mantemento.

4. Materiais de mobles de xardín

Outro dos conceptos a ter en conta, que non por iso o menos importante, é o mantemento e a resistencia dos materiais dos mobles de xardín. Ao estar expostos á intemperie precisan de máis coidados por norma xeral. Aínda que non todos. Se optas polos nosos bancos de xardín como o banco corrido para 3 comensais, poderás esquecer o mantemento. Ao estar feito de aluminio, non se oxida e ademais de resistente, é lixeiro. Todo un primor.

En troques, se o teu estilo for máis rústico, moderno e de madeira, que saibas que os nosos bancos de madeira tratáronse con varias capas de verniz semitransparente para prolongar o aspecto natural da madeira. É conveniente que cando o precise, utilices o verniz de exterior para madeira VÅRDA.

Cremos que non esquecemos nada que che contar sobre os bancos de xardín, de terraza, multifuncionais e sobre os materiais de mobles de xardín. Pero por se tiveres ganas de máis inspiración, deixámosche estas ideas para decorar o xardín perfecto:

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.