Saltar

As mellores maneiras de gardar a comida

A todos nos gusta comer, e cada vez máis cociñamos por diversión. Mais iso pode dar lugar a un exceso de comida que, lamentabelmente, rematará no lixo. Se che cómpre axuda para gardares as sobras (e non tirar tanta comida), temos o que buscas. Estes son os nosos mellores consellos.

Especias e comidas secas en tarros de cristal nun estante de piñeiro con estantes e caixas de plástico branco.
Especias e comidas secas en tarros de cristal nun estante de piñeiro con estantes e caixas de plástico branco.
1. Aprende da túa avoa e crea unha despensa. As patacas e as cebolas mantéñense máis frescas nun lugar escuro, polo que é mellor gardalas no armario. Emprega recipientes de vidro e de plástico para gardar os ingredientes secos. Todo queda á vista e perfectamente organizado.

2. Acabada de facer e etiquetada Una das maneiras máis sinxelas de gardar a comida é conxelala en porcións. As bolsas herméticas permítenche encontrar doadamente o que buscas no conxelador e son doadas de rotular coa data.

3. Hai algo máis bonito que unha neveira ben ordenada? Diso nada. Son os recipientes transparentes amontoables, as etiquetas e saber onde está cada cousa o que permite gozar da máxima frescura. Recorda que as froitas e as verduras non deben mesturarse. Garda cada cousa no seu caixón e co axeitado nivel de humidade.

4. Non todas as verduras están ben na neveira. De feito, moitas están mellor nun mesado ben iluminado. Podes empregar un testo con rego automático para as herbas (durarán moito máis tempo), e poñelo sobre unha bandexa colgante (para aproveitar mellor o espazo). Conseguirás, ademais, que a túa cociña luza máis bonita.

Autores
Deseño de interiores: Nathalie Kamkum
Fotografía: Mats Ekdahl