Albóndegas vexetarianas: unha opción para veganos
O día 1 de novembro celébrase o Día Mundial do Veganismo, con millóns de persoas que seguen xa este xeito de vivir, pensar e actuar baixo a base sólida de respectar os animais. Se pensaches algunha vez na posibilidade de ser vegano ou xa o es, coñeces as albóndegas vexetarianas de IKEA? Dámosche algunhas receitas para que as poidas degustar e outras opcións por se sentes curiosidade por abrazar o veganismo. É máis doado do que cres!


O veganismo: moito máis que unha dieta de moda
Ser vegano non é seguir unha dieta: é un xeito de vida. Vai moito máis alá da comida que inxerimos.
Este tipo de alimentación descarta por completo animais (carne e peixe), así como calquera outro alimento que proceda deles (leite, queixo, ovos...). Por suposto, máis alá da comida, inclúese o rexeitamento á roupa feita con peles de animais, aos produtos probados neles, ás "festas" populares que involucren animais etc.
É moito máis que cambiar o que comemos a diario: é cambiar o noso xeito de pensar e de vivir, poñendo os animais no mesmo banzo ca nós. E esta tendencia non deixa de medrar: A Vegan Society rexistrou un aumento do 360 % no período 2006-2016.
Albóndegas vexetarianas
As froitas, verduras, legumes e grans enteiros compóñense dunha gran cantidade de fibra beneficiosa, vitaminas e minerais. Por iso recomendámosche (sexas vegano ou non) que vaias introducíndoos cada vez máis na túa dieta.
Un prato riquísimo e superdoado de facer son as albóndegas vexetarianas de IKEA. Son unha opción saborosa e doada de cociñar para iniciarte no universo vegano!
Como alternativa saudable á emblemática albóndega de carne, esta opción vegana está feita con garavanzos, cenorias, pementos, millo e col rizada, polo que ten moitísimas vitaminas e un alto contido de fibra. Tamén están libres de glute, soia, noces, ovo e lactosa, polo que a maioría das persoas poden gozar delas sen ningún tipo de problema alérxico. Só tes que fritilas cun pouquiño de aceite e acompañalas dalgún complemento como un cunco de arroz ou unha ensalada.
Se preparas as cousas con agarimo, se cociñas pratos variados e cheos de cor, poden ser tan apetecibles (ou moitísimo máis) que unha "comida lixo".
Como facer conservas en vinagre de verduras
As verduras son incriblemente versátiles e sexas ou non vegano deberías incluílas na túa dieta todo o ano. Probaches as conservas en vinagre de verduras caseiras? Por exemplo, a col vermella en vinagre é un acompañamento para calquera comida que está riquísimo. Queres probar a facelo na casa? É moi sinxelo!
1. Ferver o vinagre, a auga, o azucre, a sal, as sementes de coandro e un pouquiño de chile (se che gusta).
2. Retirar do lume e deixar repousar durante 30 minutos.
3. Despois, rebandar a col, engadir unha culleradiña de sal e deixar abrandar.
4. Agora temos que coar o vinagre, vertelo sobre o repolo nun frasco hermético e deixalo na neveira durante unha semana antes de comelo.
E listo!
Sopa de verduras para chupar os dedos
Xa vimos antes o apetecibles que resultaban as albóndegas vexetais de IKEA. Pero tamén poden ser un acompañamento para outro prato como esta sopa estilo pho.
1. A base é un caldo de verduras quentiño que fixeches ao cocer as que máis che gusten.
2. Colle esas e outras verduras cocidas como cebolas, col, brócoli e cogomelos shitake para botalas ao caldo quentiño.
3. Adereza e decora con rodas frescas de limón, menta e coandro.
Está boísimo. Garantido!
Aperitivos e entrantes veganos
Unhas torradas con hummus, un pastel de verduras, unhas albóndegas vexetais, unha ensalada de agróns e sementes de granada, verduras crúas para untar na crema de berenxenas... Os veganos tamén poden ofrecer un universo de posibilidades para un aperitivo marabilloso no que compartir cos amigos este xeito de ver o mundo.