Saltar

Seis ideas para que o teu fogar sexa máis cálido e acolledor que nunca

Os días máis curtos e con menos luz xa están aquí, e, con eles, chega a tentación de acurruncharse no sofá baixo unha manta ben quentiña. En consecuencia, o tempo que pasamos no fogar multiplícase, e queremos axudarte a que a túa estancia sexa máis acolledora sen que perda o teu estilo. Sigue a ler e toma nota!

Tecidos cálidos para abrigar o teu fogar

Os tecidos son fantásticos para renovar os espazos sen ter que investir moito diñeiro. Con pequenos cambios, conseguirás transformar as túas estancias. Coa chegada do inverno, os tecidos cálidos regresan con forza para facer que o noso fogar sexa aínda máis acolledor. Á fin e ao cabo, non todo é poñer os radiadores ao máximo: as cortinas, mantas e alfombras axúdannos a que o fogar se manteña quentiño durante máis tempo. Gozarás de tanto confort que che custará saír pola porta!

Descubrir tecidos para o teu fogar
Sala de estar con sofá EKTORP e manta SANDBRODD
Descubrir tecidos para o teu fogar

Cortinas de cor para impedir que pase o frío e perdure a caloriña

As cortinas non só son boas para o outono ou o inverno: son imprescindibles durante todo o ano.

E non só son ideais dende un punto de vista decorativo, senón que tamén serven para regular a entrada de luz, illar do frío do exterior e dar máis intimidade e calidez aos espazos. Podes elixir cortinas, xa sexan finas ou non, para illar e manter a temperatura da sala de estar e do dormitorio. Ademais, as cortinas actúan como barreira contra o aire frío que poida tentar entrar pola ventá.

Atopa as túas cortinas e os teus estores ideais
Ventá dunha sala de estar con cortinas semitransparentes modelo SILVERLÖNN.
Atopa as túas cortinas e os teus estores ideais

Illa os teus chans do frío con alfombras con estilo

Nos meses de frío, as alfombras volven ser un elemento básico das túas estancias, xa que achegan calidez e estilo aos fogares, e protexen o chan. Podes optar pola idea de combinar varios tipos de alfombras para darlles textura e movemento aos espazos. Para gozar dunha maior calidez, elixe modelos de pelo longo, que achegan maior confort. Tecidos como a la, o veludo ou mesmo as fibras sintéticas resultaranche aínda máis agradables. Iso si: lembra deixar os teus zapatos na entrada e non pisar con eles o chan da casa, e moito menos as alfombras.

Descubre as nosas alfombras feitas á man
Dormitorio luminoso cunha cama destapada cun nórdico KOPPARBLAD e, aos pés, unha alfombra STOENSE.
Descubre as nosas alfombras feitas á man

Almofadas, coxíns e mantas quentiñas para o inverno

Unha das mellores cousas que ten pasar tempo no noso fogar é o momento de acurruncharse no sofá. Se queres que as túas tardes de "mantiña e peli" ou que o teu libro che resulten aínda máis irresistibles, viste o teu sofá cunha boa manta quentiña coa que arrouparte. Os coxíns tamén dan a opción de cambiar as fundas e alternar entre unhas fresquiñas e outras máis abrigadas para o inverno. Consigue unhas fundas suaves de veludo, e gozarás dunha sensación moi agradable. 

Descubre as túas novas fundas de coxín favoritas
Almofadas e mantas para un recuncho de lectura en inverno
Descubre as túas novas fundas de coxín favoritas

Roupa de cama para non pasar frío

Aínda que non pasemos tanto tempo no dormitorio como na sala de estar, tamén temos que adecualo e preparalo para o frío porque sabemos que non hai nada peor que meterse nunha cama fría. Así que opta por xogos de sabas máis grosas e cálidas, ou por un bo nórdico que che arroupe ben e resista as baixas temperaturas. Ah! E lembra lavar as sabas ou a funda nórdica unha vez á semana, polo menos, a 60° ou seguindo as instrucións do fabricante.

Nórdicos para durmir a sono solto
Roupa de cama para inverno
Nórdicos para durmir a sono solto

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Pero debes ter en conta que as modificacións e os cambios que introduzas nos produtos IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.