Saltar

3 taboleiros de ideas para reflectir a túa personalidade

A túa casa é exactamente iso: túa. Ensina os teus recordos, motivacións, soños e unha ou dúas tarefas pendentes cun taboleiro de ideas. Non ten por que ser permanente, moi sofisticado e nin sequera ten que estar colgado na parede. Aquí tes tres maneiras de crear un taboleiro de ideas coas que poderás reflectir a túa personalidade.

Detalle dun mural en branco e negro convertido en taboleiro de ideas con fita adhesiva.
Detalle dun mural en branco e negro convertido en taboleiro de ideas con fita adhesiva.
1. Preocúpache equivocarte ou facer buratos? Coa fita adhesiva, iso xa non é un problema. Crea un mural coas túas cousas favoritas onde queiras. Coloca de fondo a imaxe máis grande e ve engadindo o resto deixando ocos ou solapa as imaxes se o prefires.

2. Colga calquera cousa onde queiras cun anaco de contrachapado ou mesmo nunha porta antiga. Podes facer buratos, poñer cravos, pintar ou o que se che ocorra. Que tal unha lámpada sobre uns estantes? Tamén podes cambiar de sitio o teu mural.

3. Demostra a túa man para a bricolaxe creando un taboleiro de ideas a partir dun enreixado pintado con spray. Usa o que xa teñas por casa, como uns clips e ganchos para colgar. Así lle darás ás túas motivacións un lugar preponderante.

Encántanos que os clientes utilicen os nosos produtos dunha forma creativa. Atrévete ti tamén! Porén, debes ter en conta que as modificacións e cambios que introduzas nos produtos de IKEA impiden que se poidan volver vender ou empregar para o seu uso orixinal, polo que invalidan as garantías comerciais de IKEA e o dereito a devolución.

Autor
Fotografía: Henrik Palmberg
Deseño de interiores: Geneviève Jorn
Deseño dixital: Cecilia Englund
Redacción: Marissa Frayer
Edición: Linda Harkell