Como escoller a bombilla adecuada
Canta luz necesitas?
Os lumens (lm) determinan a intensidade luminosa. As bombillas de 400 lm LED ofrecen a mesma intensidade de luz que as bombillas tradicionais de 35 W, pero só consume 6,3 W. Dispoñemos de solucións de iluminación de 100 lm, 200 lm, 400 lm, 600 lm, 1000 lm e 1800 lm.
Consumo eléctrico
As bombillas LED consomen moita menos enerxía en comparación coas bombillas tradicionais. Podes basear a túa elección pola intensidade de luz (lumens) en vez de polo consumo (W). Os vatios determinan o consumo de electricidade. As nosas bombillas consumen entre 1 e 22 W.
Comproba os cascos!
Buscas unha luz cálida ou fría?
As bombillas LED que conteñen unha maior proporción de cor vermella no seu espectro ofrecen unha luz máis cálida, ideal para crear ambientes relaxantes ou como iluminación xeral. A luz máis fría, en cambio, vai mellor para traballar ou para focos. 2700 Kelvin corresponde á cor das antigas bombillas tradicionais.
Características
Ten en conta o lugar no que a vas utilizar. As bombillas LEDARE son regulables; as RYET, non regulables e todas as TRÅDFRI pódense regular sen fíos. Para espazos nos que normalmente utilizarías unha bombilla con ángulo de emisión. As bombillas con ángulos de emisión amplos ofrecen unha iluminación máis xeral e as que teñen ángulos de emisión máis estreitos, unha iluminación máis directa. As bombillas con forma de vela dirixen a luz dunha forma máis precisa (as lámpadas con pantallas alongadas, por exemplo).