Axuda sobre as solucións de iluminación intelixente
Aquí atoparás as respostas a preguntas frecuentes sobre os nosos produtos de iluminación intelixente.
Funcionamento
Os nosos kits de iluminación intelixente emparellados previamente funcionan á perfección por si mesmos. Non obstante, cando engades a base DIRIGERA ao teu router wifi doméstico e descargas a aplicación IKEA Home smart é cando se produce a verdadeira maxia. Deste xeito, o dispositivo de conexión poderá comunicarse cos produtos de iluminación intelixente que conectases. Poderás engadir iluminación intelixente e controladores (para que unha lámpada normal tamén se converta nunha solución de iluminación intelixente). Coa aplicación, poderás transformar o ambiente do teu fogar nun chiscar de ollos.
Activa o ambiente para comer cun só toque
Atenúa as luces, acéndeas ou apágaas, alterna entre luz cálida e luz branca, ou cámbialles a cor.