Parafusos e repostos
Parafusos
Fáltache un parafuso? Non te preocupes, podes facer un pedido dos parafusos que necesitas para deixar os teus mobles e accesorios como novos.
Realiza o teu pedido a través do seguinte botón:
Se non atopas o parafuso que precisas, contacta connosco para que che axudemos.
Pezas de reposto para electrodomésticos
Se o que buscas é unha peza de reposto para o teu electrodoméstico mercado en IKEA*, como unha cesta adicional para a lavalouza ou un novo andel para o teu frigorífico, podes solicitala aquí a través do noso provedor de servizos *ASCI Services Vertriebs GmbH.
*ASCI Services Vertriebs GmbHofrece repostos orixinais que se adaptan aos teus electrodomésticos IKEA.
Se tes algunha pregunta sobre como facer o pedido ou sobre unha peza de reposto concreta, por favor, utiliza o soporte do provedor.
Para realizar pedidos de repostos para electrodomésticos IKEA, conducirémoste ao noso socio colaborador ASCI Services Vertriebs GmbH.
Cando chegará o meu pedido de parafusos?
Por agora, non podemos rastrexar o teu pedido de parafusos. O que si che podemos confirmar é que este tipo de envío tarda un máximo de 10 días en chegar. Se pasado este tempo non o recibiches, contacta connosco.
Lembra que non é posible cancelar este tipo de pedido. Se xa os solicitaches e agora non os necesitas, non te preocupes, podes quedar con eles e usalos nun futuro. Se necesitas axuda para pedir unha peza de reposto, contacta co noso servizo de Atención ao cliente na seguinte ligazón. Será un pracer axudar.