Aplicacións IKEA, por un mellor día a día
Coñeces todas as vantaxes que teñen para ti todas as aplicacións de IKEA? Igual que existe máis dun xeito de crear un fogar connosco, temos varias aplicacións para axudarche nunha morea de cuestións. Nesta páxina, atoparás todo o que precisas saber sobre elas!

Aplicación IKEA
A túa compra, máis fácil
A aplicación IKEA é unha forma sinxela de mellorar o teu fogar, esteas onde esteas. Merca mobles e accesorios, crea listaxes da compra, escanea produtos na tenda para obter máis información, comproba a túa conta IKEA Family ou inspírate: todo coa nosa aplicación IKEA.
Aplicación IKEA Home
Máis de 50 servizos na palma da túa man
Se vives na Comunidade de Madrid ou na provincia de Barcelona, coa aplicación IKEA Home poderás darlle ao teu fogar os servizos que precisa (climatización, pintura, instalación de chans...) da man de auténticos profesionais.
Aplicación IKEA Home smart
Fai que o teu día a día sexa máis intelixente
A nosa colección de produtos intelixentes está deseñada para facer a túa vida cotiá un pouco máis eficiente. E coa aplicación IKEA Home smart conectada ao dispositivo de conexión TRÅDFRI, é fácil gozar deles. Descubre un mellor día a día cos nosos purificadores de aire, sistemas de son, estores automáticos e enerxía regulable.

