Devolucións
En IKEA podes cambiar de opinión!
Poñémoscho fácil, podes consultar todos os detalles sobre a nosa política de devolucións aquí.
Podemos garantir que case a totalidade dos nosos artigos se poden devolver, pero os personalizados, as fotos impresas no sistema Kiosk ou as plantas naturais, entre outros, non entran na nosa Política de devolucións
En IKEA encántanos que deixes voar a imaxinación e que lles deas o teu toque persoal aos nosos produtos, pero, antes de poñerte creativo/a, debes ter en conta que este tipo de artigos non se poderán devolver no futuro.
Podes consultar aquí todos os produtos que están fóra da Política de cambios e devolucións.
Agora que xa tes toda a información, a que esperas para encher o teu carriño de #FrechazosSuecos?
Podes realizar a túa devolución nas nosas tendas ou a través do noso Servizo de Atención ao cliente. Farémolo sempre unha vez verificado que os artigos están en bo estado
Se solicitas a devolución nunha das nosas tendas IKEA, xestionamos o reembolso nese momento:
Para devolucións en tarxeta, o habitual é que poidas ver o importe na túa conta de maneira inmediata, pero pode tardar ata un máximo de 3 días en verse reflexada na túa conta.
Para devolucións en efectivo, reembolsámosche o importe de maneira inmediata.
Para devolucións en tarxeta regalo ou tarxeta promoción, é inmediato.
Se solicitas a devolución a domicilio a través do noso servizo de atención ao cliente, recibirás o importe na túa tarxeta ou conta bancaria nun prazo de 3 días laborables desde a recepción da mercadoría nas nosas tendas.
Podes exercer o teu dereito de desistencia no prazo de 14 días tras a recepción da mercadoría comprada en liña en IKEA.es
Antes de finalizar o devandito prazo, poderás cancelar o pedido completo nos mostradores de Atención ao Cliente das tendas IKEA ou enviando un correo electrónico a: [email protected] coa solicitude de desistencia que atoparás dentro das nosas condicións xerais de compra en liña.
Se exerces en prazo o teu dereito de desistencia, IKEA devolverache todos os pagamentos recibidos, incluídos os gastos de entrega e preparación do pedido, na mesma forma de pagamento en que se realizou a compra nun prazo máximo de tres días laborables dende a comunicación da desistencia. No caso de servizos adicionais, devolverémosche todos os pagamentos recibidos, sempre e cando os devanditos servizos contratados non foran completamente executados.
No caso de que decidas no devandito prazo devolver só unha parte dos produtos dun pedido (desistencia parcial), IKEA reembolsarache o importe dos produtos devoltos. Neste suposto, reembolsarase a parte proporcional do valor dos servizos contratados cando o importe devolto supoña un cambio á franxa inmediatamente inferior de custo de transporte.
Quedan excluídos do dereito de desistencia os produtos que sufrisen calquera tipo de desgaste ou deterioración.
Consulta os prazos e métodos de reclamación en caso de danos visibles e ocultos.
Bota unha ollada! Cando recibas os teus artigos examina que todo estea correctamente. Calquera dano visible ou perda deberás anotalo no albará de entrega para que poidamos ter constancia do sucedido.
Antes de realizar a montaxe do artigo revisa as súas pezas. Se atopas algún estrago contacta connosco no noso chat no apartado de "devolucións e incidencias: incidencias coa miña compra". Deste xeito, poderás contactar cun dos nosos colaboradores ou colaboradoras e relatarnos a túa incidencia.
Podes consultar máis información nas nosas condicións xerais de compra en liña.
IKEA ao rescate! Todos os nosos artigos son sometidos a rigorosas probas de calidade, si cres que o teu produto pode ter algún defecto, non nos faremos os suecos con el.
Para calquera reclamación lembra ter sempre a man o ticket de compra ou factura.
- Si compraches en tenda, e ao chegar a casa ves que ten algún dano, lévao á túa tenda IKEA máis próxima para que os nosos compañeiros o valoren persoalmente e déanche unha solución.
- Si enviámosche o pedido a domicilio, podes xestionar a reclamación ti mesmo neste enlace.
Lembrámosche que todos os nosos produtos teñen, polo menos, tres anos de garantía. Si necesitas máis información consulta as nosas apartado Garantías
Si necesitas máis axuda sobre a xestión dun artigo danado ou defectuoso, ponche en contacto co noso servizo de Atención ao Cliente na seguinte enlace e axudarémosche.
Existen varios supostos nos que podes solicitar a devolución do IVE pagado nas túas compras.
Podes solicitar a devolución do IVE sempre e cando ocorra algunha destas dúas situacións:
DEVOLUCIÓN DE IVE A CLIENTES EN RÉXIME DE VIAXEIROS.
- Se es un cliente particular residente nun país estranxeiro non comunitario ou residente en Ceuta, Melilla ou nas Illas Canarias poderás solicitar o reembolso do IVE das túas compras realizadas en IKEA.
DEVOLUCIÓN DO IVE A DIPLOMÁTICOS E EMPRESAS QUE REALIZAN UNHA EXPEDICIÓN COMERCIAL.
- Se es un cliente e es persoal diplomático, consular ou da OTAN ou ben es unha empresa (tanto comunitaria como non comunitaria) deberás solicitarnos directamente o IVE.
Onde teño que xestionar a miña solicitude? Como podo solicitalo? Que documentación necesito achegar en cada unha das modalidades? Tes toda a información aquí.
Sabías que? A garantía do teu produto comeza o mesmo día da compra. Para exercer o dereito de garantía, é imprescindible o tícket de compra.
Confiamos tanto na calidade dos nosos produtos que moitos deles teñen unha garantía ampliada. Aquí incluímos unha lista de todas elas.
Fáltache un parafuso? Buscas pezas soltas? Non te preocupes, temos as pezas de reposto que necesitas para deixar o teu moble, accesorio ou electrodoméstico como novo
Podes conseguir unha peza ou parafuso na tenda ou a través desta solicitude. Enviarémoscho a casa nuns poucos días de forma gratuíta.