Saltar
Ir á lista de produtos

Xoguetes para bebé

Xoguetes sólidos en diversión e duradeiros en aprendizaxe

Estes xoguetes de madeira non só resisten as aventuras máis loucas, senón que tamén son grandes aliados no desenvolvemento de habilidades creativas e cognitivas. Aprender nunca foi tan divertido nin natural.

Velaquí a guía de xoguetes inspirados no método Montessori
A white stained pine/white TROFAST wall storage on a wall with toys on top. Two top drawers are open showing toys inside.
A FLISAT children’s table in a green room with toys on top and a green UPPSTÅ toddler walker on the floor beside it.
Velaquí a guía de xoguetes inspirados no método Montessori

Novos xoguetes de madeira que se unen á festa

Inspirados nos bosques escandinavos, estes xoguetes levan aos pequenos polos camiños que marca a súa imaxinación ao tempo que desenvolven habilidades motoras finas e grosas. Pais e nais estarán encantados porque están deseñados para durar: fabricados con materiais duradeiros, como a madeira, servirán tamén para irmáns, fillos de amigos e até para a seguinte xeración.

Velaquí todos os xoguetes de madeira
Un pequeno de pé nunha mesa baixa xogando cun labirinto UPPSTÅ. Un adulto suxeita un bloque de xoguete para martelar.
Un bebé sentado no chan xogando cunha pirámide de aneis UPPSTÅ. Vese a man dun adulto dándolle un anel rosa ao bebé.
Velaquí todos os xoguetes de madeira

Ximnasios para bebés e alfombras para rir e medrar

Os xoguetes de IKEA coma estes están deseñados para axudar o teu bebé a desenvolver cousas como a vista, as habilidades motoras e moito máis. E para que se divirtan moito, por suposto.

Un bebé cun pantalón rosa e unha camiseta de lunares está deitado boca arriba e xoga cos xoguetes dun ximnasio para bebés GULLIGAST.
Un bebé con roupa branca está deitado boca abaixo nunha alfombriña de xogo KLAPPA azul e suxeita unha estrela amarela cun espello.

Xoguetes para bebés, peluches e xoguetes de madeira

O que máis nos preocupa é que o teu bebé xogue e aprenda, e que ti esteas tranquilo, porque son xoguetes seguros e resistentes. Todos os xoguetes da serie MULA, ademais de molar un montón e divertir aos máis pequechos, superaron esixentes probas e aguantan o que lles botes. Se o teu fillo os tira, os golpea ou mesmo, para que negalo, os morde, tranquilo, están preparados para durar. Descubre os nosos xoguetes para bebés e os peluches, e se xa son un pouco máis maiores, os preciosos xoguetes de madeira de toda a vida.

 

Xoguetes para aprender e divertirse a partes iguais

Xogar a roles estimula o seu intelecto e ponos en situacións de persoa maior. Prepáraos para situacións novas que non viviran ata agora. O xogo dinámico axuda aos seus corpiños a poñerse en marcha, polo túnel do chan, o bambán ou a tenda. Non esquezas o balón brandiño como un peluche ou o xogo de amorear, que gusta tanto a pequenos coma aos máis grandes. As manualidades son a mellor opción para que saquen o creativo que levan dentro. Let's play!