Saltar
Ir á lista de produtos

Vasos e centros de mesa

Vaia estilo teñen estes vasos!

Non son simples vasos, ese accesorio que, como antes, se dedicaba a dar soporte ás túas flores. Agora, chegan cargados de personalidade, cores e formas. Si, tamén serven para as túas flores, pero cun punto máis chic. 

Un vaso PÄRLHÄGG en amarelo-beixe baleiro nun ángulo que resalta o seu deseño avultado e o seu acabado reflectinte e brillante.
Un vaso GRADVIS gris escuro
Un vaso PÄRLHÄGG en beixe dourado con pólas vizosas, colocado nunha libraría BILLY na que tamén hai libros e adornos.
Un vaso GRADVIS gris escuro
Floreiro/regadeira ÄRTBUSKE verde brillante
Un vaso KÄLLARHALS laranxa e outro amarelo con flores dentro que repousan sobre unha superficie brillante que reflicte os vasos.
Floreiro/regadeira ÄRTBUSKE verde brillante
Un vaso KÄLLARHALS laranxa

Un toque de vexetación que marca a diferenza

Non importa onde o poñas: un ramo de flores adoita ser o centro de atención. Aínda que, ás veces, podes conseguir o mesmo efecto se lle das un pouco a volta ao concepto. Por exemplo, podes optar por algo máis rústico en cores apagadas, pero nun lugar inesperado. Como colocar un floreiro BLODBJÖRK no recibidor, achegando o toque zen necesario para relaxarte e sorrir cando o vexas.

Velaquí todos os floreiros
Unha sala de estar luminosa con tallos de flores de cor verde clara nun floreiro BLODBJÖRK beixe sobre un toucador MALM branco.
Velaquí todos os floreiros
Ver consellos para escoller un vaso

Como escoller o vaso axeitado para as flores

Todo se reduce ás proporcións. A un ramo amplo vaille mellor un floreiro ancho. Logo están eses floreiros que fan destacar unha soa flor de talo longo. Velaquí máis consellos para escoller o floreiro axeitado.

Ver consellos para escoller un vaso

Vasos, floreiros e cuncas que dan vida

Se estás a buscar vasos ou floreiros para as túas mesas de centro ou ben para dar vida a unha ventá, en IKEA temos todos os deseños que necesites. Varias das nosas propostas funcionan en grupos de dous ou reforzan a súa beleza en compañía de cuncas. Atrévete a mesturar cores e materiais, ou dá un protagonismo absoluto con modelos de vidro transparente. Varios modelos de floreiro funcionan para plantas de interior, como o bambú, ou para as nosas plantas acuáticas VATTENRALL. Ven a IKEA polos teus!

 

Ideas creativas combinando con floreiros

Se che faltan ideas para decorar con vasos, floreiros e cuncas, estás de sorte: podes combinar diferentes modelos de floreiros con candeas e portacandeas sobre unha mesa ou unha cómoda. Quedan xenial se creas gradacións de cor, materiais e formas. Se che gustan máis os floreiros, unha profusión de flores e un ambiente con candeas pode funcionar igual de ben que unha rama solitaria con botóns de cerdeira de Xapón. As candeas flotantes dan moito xogo á hora de facer unha combinación con cuncas.