Saltar
Ir á lista de produtos
Recolle o teu pedido DE BALDE* con Click & Collect por ser de IKEA Family

Portas e frontes de caixón de cociña

Renova os armarios da cociña substituíndo as portas e os frontais dos caixóns. Prefires un look moderno ou máis tradicional? Temos unha ampla selección de portas duradeiras e de alta calidade para que escollas as que mellor se adapten ao teu estilo e ás túas preferencias.

Prezo máis baixo, máis ganas de usar unha cociña nova

Hai cores que che namoran. E prezos que aínda o son máis. As frontes STENSUND, en branco ou verde, están agora a prezos reducidos para que a túa cociña ideal poida comezar hoxe, non mañá. 

Ordenar e filtrar

89 elementos

Compare

Lista de resultados

Amosando 24 de 89 resultados

Mostrar máis

A cociña que queres, ao prezo que precisas

A túa cociña pode telo todo: deseño, funcionalidade e un prezo que se axusta a ti. Descubre as nosas ideas e produtos accesibles para que darlle un novo aire á túa cociña sexa máis doado (e económico) do que imaxinas.

A plastic rattan BEKNA basket
A PÅLYCKE clip-on basket

Vistos recentemente

A cociña reflicte o teu estilo persoal e como decoras o fogar. Os elementos de deseño, como as portas dos armarios da cociña, xogan un papel fundamental á hora de marcar a tonalidade xeral do espazo.

As portas da cociña son a cara da cociña e poden afectar significativamente a súa estética. O estilo e o deseño das portas dos armarios, que son un dos mobles máis destacados e usados da cociña, poden causar unha grande impresión en calquera persoa que entre na estancia.  

Dálles carácter ás portas dos armarios da cociña: elixe un estilo!

Imaxinas unha cociña tradicional ou moderna? Independentemente de como sexa a cociña dos teus soños, ofrecemos unha ampla variedade de portas de cociña entre as que elixir. 

Antes de decidir un estilo, é importante considerares con coidado as túas opcións. IKEA ofrece unha ampla selección de portas de armarios para que che resulte máis sinxelo crear unha cociña que satisfaga todas as túas necesidades e que reflicta á perfección os teus gustos.

IKEA ofrece diversas portas decorativas con distintos materiais e acabados. As nosas coleccións ofrecen numerosas opcións que van desde o encanto natural da madeira ata o aspecto elegante e moderno do vidro. Os nosos produtos están deseñados para durar moitos anos e inclúen unha garantía limitada de 25 anos.

Renova a cociña

Se cambias as portas de armario anticuadas por portas de cociña que complementen o estilo que buscas, poderás modernizar a cociña ó instante para ser máis funcional e atractiva. É unha opción estupenda para as persoas que están contentas coa distribución e funcionalidade da súa cociña, pero que queren conseguir un estilo diferente sen ter que recorrer a unha reforma a grande escala. 

Para aqueles que prefiren algo máis moderno e minimalista, os tiradores integrados son unha gran forma de renovar o estilo das portas dos armarios da cociña. Ó integrar os tiradores na porta do armario, daraslles un aspecto elegante, funcional e moderno ás portas da cociña e complementarás facilmente o resto da decoración da cociña sen sobrecargala visualmente.

Ademais de ser solucións rápidas e cunha boa relación custo-eficiencia, substituír ou personalizar as portas dos armarios da cociña e as frontes de caixón é unha opción ecolóxica para reducir os residuos grazas á reutilización de materiais xa existentes.