Mobles de comedor
Unha cadeira de comedor cómoda que se adapta a ti
A cadeira NORDMANSSKÄR, totalmente tapizada, aposta pola sinxeleza: dispón dun asento suave e é accesible. Podes combinar a estrutura inferior con calquera dos tres asentos dispoñibles en tons terra para que o estilo se adapte o máximo posible ao teu fogar. O asento e o respaldo poden presumir dunha tapicería incrible, así que poderás usar a cadeira para o que queiras, dende tomar un almorzo rápido ata gozar de ceas que se alongan ata ben entrada a noite. Confort para o día a día e unha elegancia sen ambaxes.
Ordenar e filtrar
Unha nova serie que se adapta á túa vida e ao teu comedor
Algunhas comidas rematan en cuestión de minutos e outras nunha charla de tres horas para poñerse ao día. A nova serie de comedor TONSTAD en branco óso ou chapa de carballo cepillada está feita pensando nas dúas situacións: mesas clásicas con bordos suaves e redondeados e cadeiras cómodas das que ninguén quererá levantarse. E como o bo deseño non debería limitarse a un só cuarto, teñen un estilo atemporal que queda ben sen esforzo en moitos outros recunchos do fogar.

Un comedor case sempre é moito máis que o lugar onde comer
É onde empezan as mañás, se comparten historias e se converten as actividades diarias en algo especial. A nova serie de comedor TONSTAD está deseñada para todo iso: mesas con bordos suaves e redondeados, cadeiras cómodas con fundas lavables e un acabado cálido e acolledor que converte cada comida e charla no momento perfecto, incluídas as lentas mañás de domingo. Elixe entre a chapa de carballo cepillada e o branco óso para crear un espazo que celebre a vida tal e como é.

Quen dixo que as cadeiras adicionais teñen que ser de cor beixe?
Un toque de azul fai que todo sexa máis dinámico. Porque as cadeiras adicionais deberían ser tan divertidas como as persoas que senten nelas. Este tallo lixeiro e amoreable colle en calquera sitio, serve para calquera fin e nunca molesta.
Unha nova cor para un tallo emblemático
É vermello? Marrón? Como non nos decidimos, digamos que é marrón avermellado. Unha cor nova para o mesmo tallo clásico: lixeiro, resistente e amoreable. Perfecto para recibidores, cociñas ou calquera outro sitio onde necesites un asento adicional. E que pasa cando non o necesites? Só terás que amorealo e continuar co día.
Consellos para elixir as cadeiras de comedor ideais
Para elixir as cadeiras de comedor axeitadas, recorda que deben ir ben coa túa mesa de comedor, pero tamén debes ter en conta a comodidade, a facilidade de mantemento durante a súa longa vida útil e o teu orzamento. Mostrámosche como elixir cadeiras de comedor cómodas e elegantes que encaixen co teu fogar.

A nosa receita para unhas ceas inesquecibles
Organizar celebracións memorables non só consiste en servir comida deliciosa. Con mesas, cadeiras e vaixelas deseñadas con agarimo, a colección STOCKHOLM 2025 é esa visita que sempre queres recibir.