Lavalouzas
Ordenar e filtrar
Lista de resultados
Categorías relacionadas
Unha lavalouza é máis ca un electrodoméstico. Permíteche aforrar tempo, axúdache de forma eficaz e desinfecta. Todos coñecemos esa sensación ao ver a louza acumulada na cociña durante unha cea con amigos. É unha carallada, mais unha lavalouza sempre pode encargarse de todos eses pratos e vasos sucios. Isto significa que podes volver á festa e gozar deses momentos tan especiais cos teus seres queridos.
A túa lavalouza devolverache a vaixela relucente, sempre coa mesma eficacia e sen esforzo. E a guinda do pastel? Ao deixar que se encargue a lavalouza, aforras auga, polo que axudarás ao planeta. E falando de pasteis... Queres un anaquiño? As nosas lavalouzas encárganse dos pratos, non te preocupes.
Lavalouza integrada para adaptarse ao teu estilo
Os electrodomésticos de cociña son prácticos e, ás veces, necesarios. Pero, se somos sinceros, non adoitan ser moi bonitos. Por iso as solucións integradas son xeniais. Cunha lavalouza integrada, ocultas o electrodoméstico detrás da porta dun armario e convértelo nunha parte da decoración da cociña.
Tamén podes atopar outros electrodomésticos integrados que se adaptan perfectamente á cociña. Bótalle unha ollada aos nosos frigoríficos/conxeladores integrados. Coas solucións integradas, terás todo o que precisas sen renunciar ao teu estilo.
Tamaño e capacidade
Temos dous tamaños estándar de lavalouza: 60 ou 45 cm de anchura. O formato máis grande é ideal para a maioría dos fogares, xa que caben entre 12 e 15 utensilios de cociña, que serían aproximadamente os pratos usados nas tres comidas dunha familia de catro persoas. Na lavalouza máis pequena caben entre 7 e 10 utensilios de cociña, o que a converte nunha boa elección para alguén que viva só ou en parella.
Se tes dúbidas sobre como planear, medir e colocar unha lavalouza na cociña, proba o noso servizo de planificación de cociñas. Tamén podemos axudarche coas preguntas relacionadas coa electricidade e a auga, dous asuntos importantes ao instalar unha lavalouza.
Información detallada
Na páxina de cada lavalouza atoparás información detallada sobre o produto. Descubrirás cousas útiles, como que programas inclúe a lavalouza, o ruído que fai durante o funcionamento e a súa eficiencia enerxética. Bota unha ollada para obter máis información práctica que che axudará a escoller a lavalouza axeitada para as túas necesidades.