Saltar
Ir á lista de produtos

Lámpadas LED intelixentes

Coas lámpadas intelixentes, a luz pode falar por ti e crear ambiente. Empeza polo teu estado de ánimo e combínao co teu estilo de vida na casa. Enérxico? Elixe luz brillante. Relaxado? Baixa a intensidade. Creativo? Escolle unha cor. Colle o mando a distancia e deixa que as túas lámpadas intelixentes definan como te sentes hoxe.

Ordenar e filtrar

18 elementos
Compare

    Lista de resultados

    Amosando 18 de 18 resultados

    A lámpada simbolizou as grandes ideas durante máis dunha década. E estas lámpadas LED intelixentes son unha das ideas máis brillantes que recordamos.

    Luces baixo control

    Cunha lámpada intelixente, podes ter o control absoluto sobre a iluminación do teu fogar. Instálanse facilmente e contrólanse sen problemas a través dun mando a distancia ou dunha aplicación (bota unha ollada aos nosos dispositivos de control e interruptores intelixentes para obter máis información).

    E aínda mellor: cunha lámpada LED sen fíos intelixente, podes facer que calquera das túas lámpadas favoritas pase a ser intelixente. Desde xeito, é máis doado ca nunca integralas no teu deseño actual.

    Unha das estancias máis axeitadas para instalar lámpadas intelixentes é a sala de estar. Á fin e ao cabo, pasamos moito tempo nela. Cando chegamos á casa despois dun día longo, e por fin nos deitamos no sofá, hai poucas cousas peores ca darse conta de que temos que erguernos de novo para darlle ao interruptor da luz. Ao colocar as lámpadas intelixentes en lugares estratéxicos da túa sala de estar, só tes que premer un botón no mando a distancia para gozar da iluminación que queiras.