Saltar
Ir á lista de produtos

Cristalería, botellas e xerras

Bebas o que bebas, temos o vaso axeitado. Dispoñemos de vasos, copas e cuncas de estilos e deseños diferentes. E tamén outros produtos básicos, como palliñas e cubetas para xeo. Todos eles che axudarán a crear ambiente e darlle un toque persoal e divertido a calquera ocasión.

Un brinde pola copa de viño RÖDRÄKA!

Na base desta copa de viño, atoparás un elegante pé en gris escuro que achegará un toque moderno e sofisticado á mesa. Ao levantala (ou baixala, segundo a túa perspectiva), descubrirás que presenta un corpo xeneroso que potenciará os aromas e sabores da túa bebida para que poidas gozar máis de cada grolo. Ademais, pode lavarse na lavalouza ata 70 ºC para facilitar a limpeza cando remate a festa. E sabes que é o mellor? Todo por un prezo digno de celebrar!

Primeiro plano do pé gris dunha copa de viño RÖDRÄKA colocada boca abaixo sobre unha superficie brillante.
Primeiro plano do corpo de vidro transparente dunha copa de viño RÖDRÄKA co pé gris colocada boca abaixo sobre unha superficie brillante.

Ordenar e filtrar

84 elementos
Compare

Brindamos polo aforro?

A cristalaría STORSINT combina un deseño elegante e funcionalidade para que goces máis de cada sorbo. Brindar polos teus (e polo aforro) é máis doado que nunca.

Velaquí a serie STORSINT
Unha copa transparente STORSINT con viño tinto
Velaquí a serie STORSINT

Descubre as nosas series de cristalaría máis populares

Realza a túa mesa con vasos e xerras elegantes

Descubre o encanto de vasos e xerras cun bonito deseño artesanal, ideais tanto para o teu día a día como para ocasións especiais. Realza a túa experiencia gastronómica coa nosa selección.

Por que os vasos son esenciais para a túa mesa de comedor?

Os vasos non son só simples recipientes para as túas bebidas favoritas, tamén son bonitos detalles que completan a túa mesa. Os vasos axeitados achéganlle un toque especial a cada comida e convértena en algo extraordinario. Tanto se vas organizar unha cea como se vas gozar dunha tranquila comida na casa, a claridade e o brillo dos vasos danlle un toque elegante á túa mesa. Desde brillantes vasos de auga ata sofisticadas copas de viño, cada peza ten un propósito á vez que contribúe á estética xeral. Se os combinas coas xerras axeitadas, podes crear un estilo uniforme que di moito da túa atención aos detalles.

Como poden as xerras achegarlle funcionalidade e estilo ao teu fogar? 

As xerras son os heroes esquecidos da mesa de comedor, e ofrecen funcionalidade e estilo. Non só son prácticas para servir bebidas, tamén poden ser o elemento central que realce a decoración da mesa. Tanto se buscas unha xerra elegante e moderna para servir limoada ou unha de estilo tradicional para os teus arranxos florais, a versatilidade das xerras é inigualable. Podes combinalas coa túa cristalaría para crear un estilo harmonioso, ou poden destacar como un accesorio que chame a atención e que non deixe indiferente a ninguén. 

Que debes ter en conta á hora de elixir vasos e xerras? 

Ao escoller vasos e xerras, ten en conta a ocasión e o tipo de bebidas que adoitas servir. Se os vas usar a diario, busca durabilidade e facilidade de limpeza. Se che gusta celebrar festas, ten en conta o estilo e como complementarán estas pezas a vaixela que xa teñas. Repara na forma e o tamaño dos vasos, xa que inflúen no sabor e o aroma das túas bebidas e melloran a experiencia xeral. De xeito similar, o deseño dunha xerra non só debe ser atractivo, senón tamén ergonómico, para que resulte doado agarrar e servir as bebidas. 

Consellos prácticos para incorporar vasos e xerras ao teu estilo de vida 

Para integrar á perfección os vasos e as xerras no teu estilo de vida, primeiro avalía as túas necesidades. Es de organizar grandes celebracións ou prefires veladas máis íntimas? Isto determinará a cantidade e a variedade nas que deberías investir. Para darlle un toque orixinal, combina vasos de diferentes estilos e cores para conseguir unha mesa única. Lembra ter en conta o espazo de almacenaxe dispoñible, xa que algúns vasos requiren que os manipules con coidado e que os gardes nun lugar específico.
 
No que respecta ás xerras, non son só para as bebidas. Úsaas de xeito creativo para servir salsas ou mesmo como floreiro para flores frescas. A clave é elixir artigos que reflictan o teu estilo persoal á vez que ofrezan funcionalidade e versatilidade.