Cambiadores, bañeiras e orinales
Os cambiadores axúdanche cando máis o necesitas. Con caixóns e andeis, podes ter todo o necesario á man para non ter que deixar o bebé só nin un segundo. Ademais, todos os nosos cambiadores teñen unha altura cómoda, o que tamén resulta de gran axuda para gozar facéndolle monadas ao pequeno.
Splash! É hora de divertirse no océano!
Coñeces a historia da tartaruga, o cangrexo e o pez que vivían dentro dunha balea moi boa? Pois nós, tampouco..., así que decidimos inventala! Estes catro xoguetes de baño tan divertidos teñen un único propósito: animar a hora do baño e converter a auga nun lugar onde pasalo en grande. Cada xoguete ten distintos buratos e partes brandas que axudan a desenvolver as habilidades motoras finas e a ensinar a relación de causa-efecto. E, cando o baño chegue á súa fin, as criaturas mariñas acubíllanse dentro da balea, onde agardan a que chegue a próxima aventura.

















































