Saltar
Ir á lista de produtos

Cadeiras de escritorio e conferencia

Ergonomía con estilo, sen dramas

Pasamos horas nesa cadeira, así que é unha extensión de ti, máis que outra cousa. As cadeiras de escritorio ergonómicas non son un luxo: son unha necesidade para manter as costas rectas e os brazos apoiados, e para non rematar o día coa sensación de ter loitado contra un oso. Ademais, temos unha morea de estilos. Hai unha para ti, seguro.

Deseña o teu espazo de traballo co noso planificador
Unha mesa pregable IVAR usada como escritorio unida a unha unidade de estante IVAR, toda de piñeiro, cunha cadeira de escritorio negra.
Unha cadeira xiratoria RENBERGET negra Bomstad
Unha lámpada colgante MELODI branca nun despacho doméstico
A colourful teen bedroom with a white desk, red mirror, green desk chair, green armchair, white pegboard and standing mirror.
Escritorio MULLSJÖ negro con taboleiro de carballo e unidade independente, á beira dunha cadeira xiratoria MULLSJÖ gris escura.
Deseña o teu espazo de traballo co noso planificador

Ordenar e filtrar

49 elementos
Compare

    Lista de resultados

    Amosando 12 de 49 resultados
    Mostrar máis

    Unha estrela dende todos os ángulos

    A cadeira xiratoria LOBERGET deseñouse para chamar a atención, independentemente de por onde se mire. É cómoda, pode xirarse por completo e as rodas de seguridade teñen un mecanismo de freo sensible á presión, que fai que a cadeira quede no sitio ao poñerte de pé e que se libere de forma automática cando sentas.

    Unha cadeira xiratoria LOBERGET branca con rodas vista desde atrás e colocada diante dun espello de toucador grande con luces.
    Detalle dunha cadeira xiratoria LOBERGET branca vista dende diante.

    Unha combinación que impulsa a produtividade

    O escritorio, que ten un taboleiro de carballo e patas metálicas, conta cun sistema de organización de cables integrado. A cadeira xiratoria MULLSJÖ, que ten uns bordos curvados e uns repousabrazos suaves, ofrece un deseño que vai máis aló da típica cadeira. E, ademais, a súa funda é extraíble e lavable na lavadora. Unha combinación para manter a túa comodidade e concentración.

    Un escritorio MULLSJÖ negro cun taboleiro de carballo e un módulo independente coordinado coa cadeira xiratoria MULLSJÖ en gris escuro.
    Detalle dunha cadeira xiratoria MULLSJÖ en gris escuro contra unha parede de ladrillo branca sobre un chan de madeira.
    Detalle do taboleiro dun escritorio MULLSJÖ cunha cadeira xiratoria MULLSJÖ diante e unha lámpada de escritorio negra enriba.
    Detalle do gancho do lateral dun escritorio MULLSJÖ cuns auriculares pendurando.
    Detalle dunha solución de organización de cables debaixo dun escritorio MULLSJÖ cun cable USB visible.

    Que cadeira de ordenador deberías mercar?

    Se pasas moito tempo en fronte do ordenador, é moi importante que manteñas unha boa postura. Para evitar dores e mellorar a circulación do sangue, unha cadeira de ordenador debe ser ergonómica e cómoda, ademais de axustarse ás dimensións da túa mesa de ordenador. Ten en conta as seguintes funcionalidades para atopar a cadeira de ordenador perfecta.

    Merco unha cadeira de escritorio con ou sen rodas?

    Hoxe en día, as cadeiras de escritorio con rodas son moi comúns. Permítenche moverte sen problemas, mesmo sen erguerte. Non obstante, se o escritorio está nunha plataforma ou nun chan irregular, unha cadeira de oficina sen rodas sería a mellor opción.

    Merco unha cadeira de escritorio con ou sen repousabrazos?

    Se tes pensado utilizala durante varias horas ao día, unha cadeira con repousabrazos permíteche gozar dunha maior comodidade a longo prazo. É importante que os repousabrazos teñan o axuste axeitado. Deberían deixarche apoiar os brazos de xeito que os cóbados descansen normalmente cos ombros relaxados.

    Unha cadeira de escritorio ergonómica sen repousabrazos quizais sexa a mellor opción se o que queres é unha cadeira de ordenador máis flexible e lixeira. Os repousabrazos poden resultar incómodos se impiden que a cadeira pase por debaixo do escritorio. As cadeiras sen repousabrazos axústanse a unha maior variedade de escritorios.

    Como axustar a túa cadeira de escritorio

    Unha vez que teñas a túa nova cadeira de escritorio, terás que regulala para gozar da máxima comodidade. Deixámosche aquí unha guía paso a paso para axustar a cadeira de ordenador de modo que a túa postura sexa mellor e máis cómoda.

    Lembra que non todas as cadeiras de escritorio IKEA poden regularse do xeito que se describe a continuación. Consulta a descrición do produto para saber como podes axustar a cadeira.

    1. Regula o asento
      Deberías poder sentar tan lonxe como sexa posible, coas costas apoiadas firmemente no respaldo. Preferiblemente ten que haber un espazo de tres dedos entre o bordo da cadeira e as sofraxes. Se non é así, escorrega o asento para axustalo.

    2. Regula a altura
      Os repousabrazos deberían quedar na mesma altura ca o escritorio. Se a cadeira non ten repousabrazos, utiliza os brazos como guía. Ao apoiar os brazos e os cóbados no escritorio, deberían descansar no seu ángulo natural.

    3. Regula o respaldo
      Cando sentes en fronte do escritorio, tenta facelo nunha posición recta durante o máximo tempo posible. Podes reclinar o respaldo cando queiras poñerte nunha postura máis relaxada. É boa idea cambiar de postura de cando en vez para evitar que se che canse calquera parte do corpo.