Alfombras
As alfombras achegan suavidade e comodidade ao teu fogar. Os diferentes estampados, cores e materiais, como a la, permítenche personalizar a decoración. Ademais, unha alfombra nova pode revitalizar todo un cuarto. Tes moitas opcións para elixir, desde alfombras feitas á man para delimitar as áreas ata alfombras de tecido liso ou de pelo longo.
Unha alfombra de raíces antigas e funcionalidade moderna
Como moitas outras persoas, adoramos as alfombras orientais. A alfombra JÄRNVÄG séntese orgullosa da súa inspiración tradicional, incluído o seu deseño tecido á máquina, que combina de marabilla con distintos estilos. E xa que estabamos, decidimos engadir algunhas calidades para mellorar a resistencia ante as esixencias do uso diario. A fibra non se desprende e é resistente á perda de cor, é moi fácil de limpar e aspirar, e abonda cun pano húmido para eliminar a maioría das manchas. Grazas a todas estas calidades, a alfombra JÄRNVÄG é ideal para os lugares con máis movemento do fogar, polo que che recomendamos encarecidamente que a complementes cunha base antiescorregóns para evitar accidentes cando alguén decida virar de xeito brusco en plena sala de estar.
Ordenar e filtrar
Merca por cor
Vistos recentemente
Vivir entre alfombras: escoller a alfombra axeitada para a túa habitación
Unha alfombra é a forma perfecta de dar cor, textura e comodidade a unha habitación. Ata pode axudar a amortecer o ruído. Aínda que as alfombras modernas están deseñadas para achegar beleza e calidez ás habitacións, tamén se utilizan para sentar e relaxarse, especialmente nos fogares con menos espazo. Así, se precisas unha alfombra nova para o teu fogar, pregúntate como utilizas esa habitación antes de comezar a buscar.
O "segundo sofá"
No canto de reunirse ao redor da televisión, cada vez máis familias realizan varias actividades á vez na sala de estar, e a alfombra funciona como unha alternativa ao sofá. Se che resulta familiar, a comodidade debe ser un factor importante ao facer a túa elección.
O aspecto e o tacto da alfombra tamén son importantes. Ao igual que co sofá, escolle un estilo que complemente o resto de mobles. Por exemplo, se as paredes son dun ton neutro, unha alfombra de cores intensas é perfecta para achegar un toque de vida e personalidade. Se vives nun fogar bulicioso, lembra escoller unha alfombra que resista ao desgaste.
Unha alfombra para cada habitación
A alfombra é o primeiro lugar no que afundes as dedas ao erguerte da cama. Daquela, ao escoller unha nova alfombra para o dormitorio, debe ser suave e cómoda para os pés. Elixe cores tranquilizadoras no canto de tons rechamantes para crear un ambiente que invite á relaxación.
Para os cuartos dos nenos, as alfombras de algodón de tecido plano son a mellor opción, posto que son duradeiras e doadas de limpar. Elixe unha alfombra con reverso de látex, así non se moverá cando os cativos xoguen.
O mesmo ocorre coas zonas húmidas, como cociñas ou baños. Unha alfombra con látex evita os esvaróns, mentres que o algodón resulta suave baixo os pés despois da ducha. Preparado/a para investir nunha nova alfombra? Bota unha ollada ás nosas alfombras e dálle un toque acolledor a toda a casa.































































