Saltar

Os soños comezan aquí. Permítete descansar!

Máis claves para durmir mellor

Os seis elementos esenciais para o descanso

Para durmir a sono solto, empeza por unha cama confortable e un colchón á túa medida. Regula a temperatura cos tecidos perfectos, deixa que o aire circule coma unha brisa suave para mellorar a súa calidade e atenúa a luz para crear unha atmosfera íntima. Controla o son para preservar a calma e mantén sempre o dormitorio ordenado.

Así, non só vas durmir ben, senón que soñarás en grande.

Máis claves para durmir mellor

Durmir a sono solto empeza cun bo colchón

Atopa a cama e o colchón perfectos para gozar dun descanso incomparable, e esperta cada mañá coa enerxía renovada. En IKEA, o confort está ao alcance de todas as persoas. Fai que a túa cama sexa o mellor lugar para soñar!

Velaquí as camas e os colchóns
Velaquí as camas e os colchóns

Envío e retirada GRATIS*

Se estás a pensar en cambiar o colchón, é o momento perfecto para facelo, porque agora levámoscho á casa de balde. Ademais, retiramos o antigo sen ningún custo adicional!

Consulta condicións

Despídete das noites xélidas ou sufocantes co tecido perfecto

Desvelarse por mor da suor ou do frío é unha experiencia terrible. Por iso, controlar a temperatura é esencial para lograr ese descanso perfecto. E isto como se fai? Cuns tecidos que se adapten á túa situación.

Velaquí toda a roupa de cama e as almofadas
Velaquí toda a roupa de cama e as almofadas

Dormitorio ordenado, sono asegurado

Cando todo está no seu sitio, a mente reláxase e o corpo prende o sono. Ordena o teu cuarto como o merece e goza dunhas noites máis tranquilas e reparadoras

Velaquí o sistema de almacenaxe PAX
Velaquí o sistema de almacenaxe PAX

Merca hoxe e paga aos poucos*

En IKEA, queremos axudarche a conseguir os teus soños e, por iso, temos un servizo de financiamento co que poderás pagar as túas compras comodamente, sexa na tenda, na web IKEA.es ou a través da venda telefónica. Ofrecemos ata 48 meses sen xuros TAE: 0%*!

Máis información

Luz tenue, silencio e aire fresco para durmir placidamente

Un bo descanso require silencio, unha atmosfera fresca e a escuridade como aliada. Cando coidas estes tres aspectos no teu dormitorio, estás a preparar o terreo para un sono profundo e reparador.

Ver Fogar intelixente e tecnoloxía
Familia, pais e unha filla, deitados nunha cama e rindo, medio tapados cun nórdico, coa xanela medio aberta pola que entra luz desde o exterior.
Altofalante/estante SYMFONISK e man axustando o volume dun mando sen fíos táctil.
Detalle de fiestra con estor intelixente TREDANSEN con decoración na repisa da xanela.
Neno camiñando diante dun sensor de movemento.
Purificador de aire STARKVIND no chan aos pés dunha cama.
Ver Fogar intelixente e tecnoloxía

Cando dormen ben, descansas mellor.

Non hai nada como ver os teus fillos durmir placidamente. Un descanso axeitado é fundamental para a súa saúde e felicidade, e un dormitorio acolledor, coa atmosfera perfecta, é a clave. Lembra que, cando eles dormen ben, todo o fogar respira en paz.

Velaquí todas as camas infantís e xuvenís
Velaquí todas as camas infantís e xuvenís

Financiamento

Publicidade.*. Financiamento a través da tarxeta IKEA VISA, emitida pola entidade de pagamento híbrida CaixaBank Payments & Consumer, E. F. C., E. P., S. A. U., e suxeita á súa autorización. A entidade escolleu, como sistema de protección dos fondos recibidos de usuarios de servizos de pagamentos que presta, o seu depósito nunha conta bancaria separada aberta en CaixaBank, S.A.: Obtén máis información sobre as formas de pagamento da túa tarxeta aquí: https://www.caixabankpc.com/es/productos

Financiamento dispoñible en 3, 6, 10, 12, 18, 24, 36 e 48 meses sen xuros (TXN: 0%. TAE 0 %) para compras realizadas en tendas IKEA da península e na tenda en liña IKEA.es. Importe mínimo de 10€ para tres, seis e dez meses, e de 120€, 180€, 240€, 720€ e 960€ para 12, 18, 24, 36 e 48 meses, respectivamente. Importe máximo que financiar: 3000€. Exemplo representativo nunha compra financiada en dez meses de 1500€. TXN 0% TAE 0%. 10 cotas de 150€. Prezo total a prazos e importe total debido: 1500€. Custo total do crédito (xuros): 0€. Sistema de amortización francés.