Afronta a volta ao cole cunha explosión de cores
A volta ao cole está chea de novas posibilidades, como facer amizades e anovar o dormitorio. Xa sexa un espazo de estudo organizado, unha cama cómoda ou unha solución para motivar os máis pequenos, queremos que nenos e nenas comecen con bo pé, e que os pais o teñan un pouco máis doado para preparar a volta ao cole.

Todo o que precisas para ir ao cole
Os deberes poden agardar
Despois de todo un día na escola, os máis pequechos están a desexar finalizar os traballos manuais nos que están inmersos. O escritorio LASTARE ofrece espazo considerable, mentres que a lámpada de escritorio KORVSNÖRE ilumina ata o máis mínimo detalle. Ao facer os deberes, a bandexa OSTBIT axuda a apartar as cousas innecesarias; así, é doado pasar dunha actividade a outra e que todo estea organizado.
Se queres crear un recantiño acolledor para desconectar do estudo, proba con este!
Estudar é importante, pero é máis importante aínda poder descansar de cando en vez. Aquí tes un consello para aproveitar o máxico espazo que se agocha baixo o escritorio. Para comezar, coloca unha cómoda alfombra DRÖMSLOTT, engade un divertido coxín SKOGSDUVA e ―por que non?― deixa que unha lámpada GREJSIMOJS te ilumine.



































