Para o 2030, só plástico reciclado ou procedente de material renovable nos produtos IKEA
Retiramos gradualmente todo o plástico dun único uso da gama de decoración e produtos para o fogar e imos eliminar o plástico das embalaxes dos nosos produtos. O noso obxectivo é utilizar exclusivamente plástico de fontes renovables ou recicladas para reducir os reboutallos e darlles varias vidas aos produtos mediante o seu uso e reutilización.


Traballar con residuos
É fundamental atoparmos novas formas de traballar con materiais reciclados e o aproveitamento dos residuos como recurso supón un paso cara a un futuro máis sostible.

O PET é o plástico máis reciclado do mundo e pode empregarse para moitos fins distintos.
Xuntos logramos máis
A nosa transición cara ao uso exclusivo de plástico reciclado ou procedente de materiais renovables require tempo e esixe buscarmos novas formas de facer as cousas. No entanto, estamos decididos a asumir esta responsabilidade e a esforzarnos por encontrar solucións novidosas. Queremos ofrecerlles aos nosos clientes a posibilidade de elixir produtos fabricados con materiais máis sostibles que poidan volver reciclarse no futuro. Xuntos podemos marcar a diferenza.