Saltar

Comprometidos ao 100% cun algodón máis sostible

Todo o algodón dos produtos IKEA provén de fontes máis sostibles. Isto significa que o noso algodón se recicla ou cultiva con menos auga e pesticidas que o algodón convencional. Ademais, o noso algodón axuda a aumentar os beneficios para o produtor de algodón.

Unha planta de algodón con tres flores de algodón brancas, suaves e redondas ao solpor nun exuberante campo verde de plantas de algodón.

Liderando un cambio constante con respecto ao algodón

Ao contar con equipos sobre o terreo en zonas nas que antes era difícil traballar de maneira responsable, podemos desafiar as formas tradicionais de traballar e mellorar a produción de algodón. Seguimos a traballar activamente para mellorar a industria do algodón e queremos que o algodón máis sostible sexa a norma para todo o sector.

A túa elección é importante

Utilizamos algodón en moitos produtos Mais non importa onde o atopes, podes ter a certeza de que todo o noso algodón é cultivado e producido de maneira responsable. Ao crear un fogar con produtos de algodón máis sostible, contribúes a un sector do algodón máis responsable e a un futuro mellor para as xeracións vindeiras.

Un home deitado comodamente nun sofá mentres sostén un cativo durmido cuberto parcialmente cunha manta SOLGUL de cor amarela escura.

Algodón cultivado con mimo para o mellor descanso

Dáte un capricho e goza da incrible suavidade do algodón cultivado con mimo. A roupa de cama JUNIMAGNOLIA está feita de algodón puro que transpira, absorbe a humidade e gaña suavidade en cada lavado. Todo o algodón que utilizamos provén de fontes máis sostibles, xa sexa porque é reciclado ou porque se cultiva de maneira respectuosa co medio ambiente.

Un can de pelo rizo marrón de tamaño mediano está sobre unha cama con roupa de cama JUNIMAGNOLIA cun estampado azul e branco.
TROLLDOM, un xogo de roupa para berce cun estampado multicolor de animais do bosque que mostra raposos, coellos, mouchos, ourizos e follas.

Desde o 1 de setembro de 2015, todo o algodón que utilizamos nos produtos IKEA é de fontes máis sostibles.

Traballamos para que o uso de algodón obtido de forma responsable sexa unha práctica habitual

As explotacións de algodón convencionais utilizan grandes cantidades de auga e produtos químicos. Isto pon en risco a saúde dos agricultores e dana o medio ambiente. Xunto con WWF e outros socios, temos o compromiso de promover un cambio positivo en todo o sector do algodón para facer que o algodón máis sostible se converta nun material habitual.

Unha recolectora de algodón vestida de cores vivas que leva algodón recollido envolto nun pano grande.

A xestión da auga é fundamental para mellorar a produción de algodón

O noso traballo céntrase na auga, fornecéndolles aos agricultores formación sobre prácticas recomendadas para a xestión da auga. Aplicamos os principios de administración da auga, que axudan a crear comunidades resilientes, e tamén estamos a ampliar o alcance das nosas iniciativas sobre o algodón para incluír a xestión da biodiversidade e a saúde.

Máis información no sitio internacional da marca IKEA
Dous homes con camisas de pé no medio de exuberantes plantas verdes de algodón inspeccionan coidadosamente un puñado de terra.
Máis información no sitio internacional da marca IKEA

Colaboración de IKEA e WWF

WWF e IKEA están a traballar xuntos para protexer e xestionar os recursos naturais e transformar o negocio en beneficio das persoas e o planeta. A través de proxectos relacionados cos bosques, o algodón, a auga doce e o clima, a colaboración busca protexer e mellorar a biodiversidade.

Máis información en bettercotton.org

Mellor algodón

IKEA é membro de Better Cotton, a principal iniciativa de sostibilidade do mundo para o algodón. A misión é axudar as comunidades algodoeiras a prosperar, protexendo e restaurando o medio ambiente.

Máis información en bettercotton.org