Saltar

A nosa intención é que o 100% da nosa la se obteña de xeito responsable

Atopámonos en proceso de utilizar unicamente la obtida de xeito responsable. Para logralo, procederemos a obter la que cumpra as directrices do estándar de la responsable (RWS) ou de programas equivalentes, para asegurármonos de que procede de ovellas ben coidadas en terras xestionadas con responsabilidade.

Un rabaño de ovellas sen tosquiar pastando no campo nun día solleiro. No fondo hai árbores, unha montaña e unha nube.

Como o conseguiremos?

Para garantir que a la que utilizamos se obteña de xeito responsable, debemos traballar para asegurar a rastrexabilidade completa da la utilizada na nosa cadea de subministración Por iso, precisamos coñecer a orixe de toda a nosa la para e apoiar así o benestar animal en toda a cadea de valor da la.

Motivos para elixir a la

  • A la é renovable, biodegradable e reciclable
  • A la é un material natural, duradeiro e resistente
  • A la envellece marabillosamente e é resistente ás manchas
  • A la é moi térmica, e tamén transpira
  • A la tingue con facilidade, polo que podemos crear moitos deseños atractivos e variados entre os que elixir
A la é un produto incrible porque as ovellas poden producila de xeito natural, e é o cume da sostibilidade porque nunca deixa de medrar.
Paul SmithCapataz de granxa en Nova Zelandia
Unha ovella con moita la cunha etiqueta amarela na orella.

La obtida de xeito responsable a disposición de todas as persoas

Comprometémonos a utilizar la totalmente obtida de xeito responsable de aquí a finais de 2025. Pero isto non é suficiente. Rafael Elizondo, líder de abastecemento responsable de IKEA, afirma: "Gustaríanos non ser os únicos que participasen na transformación do sector da la. Pretendemos que a la obtida de xeito responsable sexa accesible para o maior número posible de clientes".

Detalle dunha morea de la curta que amosa claramente os fíos e as fibras.
Velaquí todas as alfombras feitas á man

Confianza nos materiais naturais

Encántanos a nosa variedade de materiais naturais, e tamén aos nosos clientes. Ao tratarse dun material duradeiro, natural e resistente, a la é perfecta para unha ampla variedade de produtos, como mantas, coxíns e alfombras.

Velaquí todas as alfombras feitas á man

Respecto en cada paso do proceso

En toda a nosa cadea de valor, os provedores de IKEA traballan de acordo con estritos requisitos para protexer non só o planeta, senón tamén as persoas que traballan nos sectores que crean os nosos produtos. Estes requisitos aplícanse con independencia da localización ou do sector.

Un home cunha camiseta negra e un mandil amarelo está a pendurar algodón amarelo brillante acabado de tinguir no exterior para que seque.

Comodidade consciente

A la achega unha sensación acolledora a calquera fogar. E saber que se obtivo de xeito responsable pode mesmo achegar un pouco máis de tranquilidade.

Alfombra SVÄRDBORG sobre un chan de madeira clara.
Unha persoa sentada nun sofá, tomando unha cunca de café ou té cunha manta ULLTISTEL sobre os xeonllos.

Sigue todo o traxecto

Descubre como a la das ovellas de Nova Zelandia se envía á India para transformala en fermosas alfombras antes de acabar na túa tenda IKEA, e quizais no teu fogar.