Saltar

Madeira e silvicultura

Encántanos traballar con madeira. É un material fantástico: fermoso, resistente e duradeiro. Pódese utilizar de moitas maneiras distintas e, cando procede de bosques xestionados con responsabilidade, pode axudar a atenuar o cambio climático e minimizar o impacto negativo sobre a biodiversidade. Ademais, é renovable e comprometémonos a aumentar a cantidade de contido reciclado nos nosos produtos de madeira.

Polo futuro do noso negocio e do planeta, queremos utilizar este valioso recurso da forma máis eficaz posible e asegurarnos de que os bosques dos que nos provemos ou que son da nosa propiedade son xestionados con responsabilidade. 

Mais que significa iso realmente? Vexamos como obtemos e utilizamos a madeira e, de paso, respondamos algunhas preguntas importantes. 

Imaxe aérea dun bosque con copas de árbores verdes.

A madeira que utilizamos

A madeira utilizada nos produtos IKEA procede de moitos lugares do mundo. Descubre onde medra, canta utilizamos e de que tipos de madeira nos provemos. Esiximos que os nosos provedores utilicen madeira certificada polo Forest Stewardship Council® (FSC) ou madeira reciclada nos nosos produtos de decoración do fogar.  

Troncos amoreados nun bosque cun tractor preto.

Que porcentaxe da madeira industrial de todo o mundo utilizamos en IKEA?

Explora o noso mapa mundial da madeira

Mapa da madeira

O noso mapa mundial da madeira amosa a procedencia do material (agás o papel) utilizado nos produtos IKEA, así como outros datos relevantes como as porcentaxes globais de subministración dos distintos países, os tipos de madeira e o volume por mercado. 

Explora o noso mapa mundial da madeira

Xestión responsable

Asegurámonos de que os bosques dos que nos fornecemos ou que son da nosa propiedade son xestionados de maneira responsable. Contamos con estritos requisitos e sistemas de control. O noso obxectivo é concienciar os nosos clientes, aumentar a transparencia sobre o uso da madeira e animar a outros a faceren o mesmo.

Unha vista dun bosque con árbores altas e unha vexetación vizosa baixo un ceo azul despexado.

Moitos puntos de vista, todos eles importantes

Existen diferentes puntos de vista sobre como se deben xestionar e protexer os bosques. Hai quen pensa que non se debe interferir coa nai natureza. Outros afirman, e con razón, que moitas persoas dependen directamente dos bosques para obter alimentos e acubillo. Ao mesmo tempo, como sociedade, tamén precisamos construír casas, imprimir libros e fabricar mobles de madeira. É posible equilibrar estes intereses aparentemente opostos? Nós cremos que si. E a forma de facelo é mediante unha xestión forestal responsable 

Primeiro plano duns trocos amoreados.

Como cremos que se poden cortar árbores de maneira responsable?

Unha persoa con chaleco de seguridade e casco observa un bosque mentres sostén unha computadora portátil.

Se descubrimos algo que non se fai ben, como o arranxamos?

Maciej está de pé nun bosque iluminado polo sol cunha camisa de cadros e vaqueiros.

Coñece a Maciej, desenvolvedor de materias primas de IKEA en Polonia

Maciej leva anos estudando o traxecto da madeira, do bosque até o moble. Desde que se incorporou a IKEA en 2017, Maciej encabezou o labor de verificar a orixe e as especies da madeira utilizada nos produtos de IKEA.  

O traballo de Maciej lévao a adentrarse en serradoiros e bosques, onde cotexa os rexistros dos provedores coas condicións do mundo real. Nos serradoiros, comproba a documentación legal e asegúrase de que a madeira foi cortada consonte a normativa nacional e as normas de xestión forestal aplicables. Nas explotacións madeireiras, asegúrase de que as operacións estean certificadas de maneira independente e se axustan á normativa local e ás normas de sostibilidade. 

"Comparamos a información dos provedores co que vemos sobre o terreo. Se algo non concorda, adoptamos medidas decontado para protexer a integridade da nosa cadea de abastecemento", afirma Maciej. 

Utilización eficiente

Melloramos decontino os nosos procesos e investimos en innovación para utilizar a madeira de maneira máis eficiente e facer máis con menos. Investigamos como crear produtos circulares que se poidan reutilizar, renovar, fabricar e, unha vez esgotadas todas as posibilidades, reciclar. Ao mesmo tempo, facemos todo o posible por aumentar a cantidade de madeira reciclada na fabricación dos nosos produtos para reducir a dependencia da madeira virxe. 

Unha vista aérea amosa un camión madeireiro nunha estrada angosta que cruza un bosque mesto.

Por que non podemos utilizar máis madeira reciclada, no canto de cortar máis árbores?

Forxar o cambio 

Un armario con iluminación TVÄRDRAG en negro e atenuable

BILLY: un estante que acaba de mellorar

BILLY segue a ser un dos produtos máis vendidos e coñecidos de IKEA. No FY22, foi redeseñado para mellorar as súas posibilidades en circularidade. Após o cambio á lámina de papel e a redución de plástico, a maioría dos materiais utilizados para producir o novo BILLY proveñen agora de fontes renovables. O novo deseño inclúe tamén ferraxes a presión no panel traseiro no canto de cravos, polo que podes desmontalo, volver a montalo e que te acompañe alá onde vaias. 

Un comedor cunha alfombra feita á man de tecido liso KÖPENHAMN en gris escuro

RÖNNINGE: menos madeira e máis patas 

En IKEA, o noso obxectivo é crear máis con menos. Cando deseñamos os nosos produtos deste xeito, non só utilizamos a madeira de xeito máis consciente, senón que tamén os facemos máis lixeiros e fáciles de transportar. Por exemplo, como utilizamos patas de madeira ocas na nosa mesa RÖNNINGE, podemos poñerlle oito coa mesma cantidade de material que antes se utilizaba para facer unha soa. 

Un repousapés GAMLEHULT de ratán/antracita con almacenaxe

FRÖSET: curvas que aumentan a resistencia e a comodidade 

Ensamblar varias capas de chapa en moldes especiais e prensalas e pegalas entre si permítenos crear compoñentes curvos. A cadeira FRÖSET utiliza madeira curva de distintos grosores. Como o respaldo é máis fino, ten algo de flexibilidade, mentres que o asento é máis groso para darche apoio onde máis o necesitas. 

Unha mesa MÖRBYLÅNGA de chapa de carballo tinguida de marrón

MÖRBYLÅNGA: unha combinación de varios tipos de madeira 

O carballo é unha madeira dura que escurece elegantemente co paso do tempo. O taboleiro da mesa MÖRBYLÅNGA incorpora unha capa superior de carballo macizo de entre 0,6 e 0,8 mm aplicada sobre un taboleiro de partículas, unha forma efectiva de utilizar distintos materiais de madeira nun mesmo moble. Este acabado de alta calidade é duradeiro e fai que cada mesa sexa única. 

Alén de IKEA

Como un dos principais usuarios de madeira no sector retallista, cremos que debemos aproveitar o noso tamaño e relevancia mundial para influír, ou mesmo transformar, a industria forestal. Aínda que sempre haberá camiño que percorrer e retos que superar, xa logramos avances significativos en moitos ámbitos. 

Máis información

WWF e IKEA: unha frutífera colaboración de máis de 20 anos

Desde 2002, IKEA colabora estreitamente con WWF en numerosos países de todo o mundo para protexer os recursos naturais e transformar as prácticas empresariais en beneficio das persoas e o planeta. Coas nosas medidas para xestionar e protexer os bosques, encarar ameazas como a degradación forestal e apoiar leis que combaten o comercio ilegal de madeira, o noso obxectivo é garantir que tanto os bosques como as persoas que dependen deles gocen dun futuro saudable. Alén da silvicultura, o noso traballo conxunto tamén abrangue o algodón, a auga e o clima. 

Máis información
Un bosque mesto e extenso ábrese na distancia baixo un ceo azul intenso salpicado de esponxosas nubes brancas.

"Sow a Seed" e a restauración da selva tropical

A deforestación e degradación das selvas tropicais supón un grave risco para o planeta e a súa biodiversidade, entre outras cousas. Iniciado en 1998 en Borneo, o noso proxecto "Sow a Seed" (Planta unha semente) permitiu protexer un total de 18 500 hectáreas de selva tropical moi degradada en Malasia. Estas medidas inclúen a restauración de máis de 14 000 hectáreas de selva (o equivalente a uns 25 900 campos de fútbol). Actualmente constitúe un dos proxectos de restauración de ecosistemas forestais tropicais de maior alcance e duración do mundo e nel realízanse investigacións que servirán de guía a outras entidades interesadas en restaurar as selvas tropicais. 

Nun bosque, un camión equipado con guindastre carga troncos no seu remolque.

Que é a certificación do FSC? E por que influímos nas normas que nos esixen responsabilidades?