Saltar

Aforra auga cos produtos IKEA

Menos do 3% da auga do noso planeta é doce. Ese é un dos motivos polos que IKEA decidiu fabricar duchas e billas de cociña e baño que utilicen menos deste valioso recurso. Como di o refrán: "Non se aprecia o valor da auga ata que seca o pozo".

Un cachorro de spaniel triste enxaugándose cunha ducha de man mentres está sentado no chan de baldosas brancas e negras dun baño.

Duchas que aforran auga e enerxía

Todos os nosos cabezais de ducha fixos e móbiles inclúen un regulador que reduce o caudal de auga. Ademais de aforrar auga e enerxía, non notarás ningunha diferenza na presión da auga.

Velaquí todas as duchas
Xogo de ducha BROGRUND con mesturador con termóstato montado na parede dun baño de azulexos grises claros cun estampado de espiga.
Velaquí todas as duchas

Boas novas sobre aforro de enerxía para os pais con fillos adolescentes

A auga quente é un gasto importante para a maioría dos fogares. Por iso, a maioría das nosas billas de baño teñen unha función de inicio en frío. Cando subes o mando, só sae auga fría, é dicir, a auga só se quenta cando o necesitas.

Velaquí todas as billas de baño
Unha cativa co pelo longo e castaño está de pé nun baño de azulexos brancos enxaugando as mans no lavabo.
Velaquí todas as billas de baño

Non poñas tanta presión

Ao igual que todas as nosas billas de cociña, a billa DELSJÖN está equipada cun aireador que reduce o consumo de auga sen perda de caudal. Isto quere dicir que podes reducir o teu consumo de auga e as túas facturas, mentres axudas a conservar as reservas deste valioso recurso do noso planeta.

Velaquí todas as billas
Unha billa de cociña DELSJÖN montada nun vertedoiro. En primeiro plano, hai un cepillo para pratos e varias potas e tixolas.
Velaquí todas as billas
Dúas copas de viño colocadas boca abaixo e varias cuncas e cuncos na reixa superior dunha lavalouza despois de limpalos.

Consello

Lavar os pratos na lavalouza permíteche aforrar auga en comparación con lavalos á man. O lavado á man pode consumir ata tres veces máis auga que o lavado á máquina.