Tecendo un futuro mellor, unha alfombra feita de forma ética cada vez
As alfombras tecidas á man son bonitas, pero este tecido adoita relacionarse con malas condicións de traballo e coa explotación. Queriamos atopar un xeito de traballar cos produtores para manter a calidade e o tacto dunha alfombra feita á man, ao tempo que mellorabamos radicalmente as súas condicións de traballo. E iso foi o que fixemos.

Alfombras feitas á man de IKEA na India
Descubre como IKEA, xunto cos nosos provedores, está a mellorar a forma en que se fabrican as alfombras feitas á man na India e Bangladés ao garantir unha boa calidade, un maior coidado do medio ambiente e unhas condicións de traballo dignas.

Mellora dos salarios e os beneficios
En primeiro lugar, proporcionamos aos tecedores e tecedoras traballo habitual nun ambiente seguro, con salarios regulados e beneficios como vacacións e transporte. Tamén construímos dúas escolas nas que se lle paga ao alumnado mentres aprende.
Creación de traballos cerca do fogar
O noso obxectivo é crear centros de tecido próximos aos lugares onde viven os tecedores e tecedoras, así como outros traballadores, para que non teñan que afastarse do seu fogar e a súa familia para atopar un traballo.

Eu era mestra, pero solicitei un traballo de tecedora. Agora estou aprendendo unha nova artesanía, gaño a vida moito mellor e podo pasar máis tempo cos meus fillos.”
Shashi DeviTecedora