SOARÉ: un mantel individual tecido que marca a diferenza
A nosa visión de "crear un mellor día a día para a maioría das persoas" esténdese aos/ás nosos/as colaboradores/as e clientes, pero tamén aos nosos provedores e ás súas comunidades. Unha maneira de poñer isto en práctica é creando produtos que teñan unha finalidade alén da económica. Como este sinxelo mantel individual.

- Páxina de información do produto
Tecendo o futuro
SOARÉ é un fermoso mantel individual redondo tecido con xacinto de auga verde intenso, planta resistente e de crecemento rápido que medra no río Mekong en Vietnam. O proceso de recoller, secar e tecer a planta é importante para as persoas que viven á beira do río. Mantén a vía fluvial transitable, preserva a tradición artesanal e dálle un diñeiro extra aos tecedores.

Unha muller comentounos que, grazas a SOARÉ, a súa filla estase a formar actualmente para ser profesora.”
Lillemor FranzénEquipo de SOARÉ, IKEA of Sweden
Estamos moi contentos de ir, porque vimos como SOARÉ está a ter un impacto positivo na xente que o fabrica.”
Lillemor FranzénEquipo de SOARÉ, IKEA of Sweden