Saltar

Provedores: os nosos socios para dirixir un negocio mellor

Os nosos provedores de produtos e servizos son fundamentais para crear un mellor día a día para a maioría das persoas. Conxuntamente exploramos novas formas de dirixir e facer crecer as nosas empresas de xeito responsable dende un punto de vista social e medioambiental, colaborando nos retos e asociándonos para lograr un cambio positivo.

Dous homes con camisolas negras e luvas de traballo vermellas cargando na parte traseira dun camión uns paquetes planos de IKEA que se atopan nun carriño.

Valores compartidos: a transición cara a unha cadea de abastecemento máis ética

Eliximos provedores que comparten os nosos valores e metas. Sabemos que facer negocios de xeito responsable só é posible cando todo o equipo avanza na mesma dirección. Isto aplícase a todas as partes, incluídos os provedores de servizos, alimentos, transporte, produtos e compoñentes de decoración do fogar.

O condutor dun camión IKEA sentado detrás do volante coa fiestra baixada e o cóbado asomando pola porta.

IWAY: código de conduta para provedores

IWAY é a maneira que ten IKEA de obter produtos, materiais e compoñentes de forma responsable. Establece formas de traballar e expectativas claras sobre as condicións ambientais, sociais e laborais, así como de benestar animal, e é obrigatorio para todos os provedores de materiais e servizos que traballan con IKEA.

Catro traballadores asiáticos con chaleco de alta visibilidade embalando produtos nunha liña de montaxe de provedores de IKEA.

Unha ferramenta para integrar os dereitos humanos

O noso código de conduta permite un traballo digno e relevante para todos os/as traballadores/as da cadea de valor de IKEA, e contribúe a un cambio positivo nas comunidades locais. IWAY aborda cuestións como o traballo infantil, o traballo forzoso, a contratación responsable, os salarios, as horas de traballo e o desenvolvemento de competencias dos/as traballadores/as.

Dúas persoas nun provedor de IKEA nalgún lugar de Asia sentadas nun escritorio mentres unha terceira persoa enche un formulario.

Traballar e esforzarnos conxuntamente

Ao crear relacións a longo prazo cos nosos provedores, podemos lograr un impacto social positivo. O diálogo e a colaboración son sempre o núcleo do noso enfoque e, cando xorden desafíos, abordámolos xunto cos nosos provedores.

Dous homes de pé xunto a unhas máquinas nunha fábrica, un cun ordenador portátil e o outro cuns auriculares.

Animamos aos provedores a que fagan un esforzo adicional

Esperamos que os nosos provedores cumpran cos requisitos "obrigatorios" e "básicos" de IWAY, pero consideramos que isto é o mínimo. Animámolos a esforzárense e ir alén dos requisitos obrigatorios, e a traballar sempre para lograr mellores resultados para o noso negocio, o medio ambiente e as comunidades locais.

Máis información no sitio internacional da marca IKEA
A condutora dunha carreta elevadora sentada ao volante cun chaleco de alta visibilidade sobre o seu uniforme azul escuro de colaboradora de IKEA.
Máis información no sitio internacional da marca IKEA